Ribadeo, 6 de abril de 2023. Dous músicos, Julia Villar Pérez no clarinete e Javi Díaz Docobo na trompeta, debutaron coa Banda Municipal de Ribadeo no concerto de Semana Santa, que ofreceu na tarde noite de onte, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo. A última das pezas que interpretaron dentro do programa, Puerta del Cielo, de Francisco J. Criado, dedicáronlla aos catro ribadenses falecidos no accidente de tráfico ocorrido en Xove o pasado sábado para renderlles “unha pequena homenaxe”, explicou o director da Banda, David Ballester Martínez.
Ademais a Banda Municipal de Música de Ribadeo estreou tres obras nesa actuación: Madrugá de canela y clavo, de Juan M. Velázquez Ruiz; Aires de Triana, de Felipe Sigüenza López, e Soledad franciscana, de Abel Moreno. Tamén tocaron Cristo de la agonía, de Abel Moreno; Jerusalén, de José Vélez García; La muerte no es el final, de Césareo Gabaráin; e Mi amargura, de Víctor M. Ferrer. Como bis interpretaron outra vez Aires de Triana.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



