Para que lemos? Cal é a motivación que fai que, entre todas as posibilidades ao noso alcance para pasar unhas horas, elixamos abrir as páxinas dun libro e mergullarnos nel? As respostas necesariamente son múltiples e diversas segundo cadaquén. Pero hai algo que si é seguro: non somos conscientes de todas elas. Se nos preguntasen diriamos algunhas, mais non as abarcariamos todas. Hai unha que case con toda seguridade non mencionariamos pero, quen sabe, quizais estea aí, presente, sen nós sabelo: lemos para asombrármonos.
Dinos a Real Academia da Lingua Galega que unha das acepcións de asombro é «Impresión de admiración ante algo extraordinario, pouco usual, inesperado». Asombrámonos ante algo que desborda as nosas expectativas, que nos parece incrible, que nos bota fóra dos nosos esquemas, xuízos e pensamentos habituais.
Lía hai poucos días un artigo de Francesc Miralles no que contaba como o asombro é unha emoción que a nivel físico produce efectos beneficiosos ligados á relaxación e á mellora das funcións fisiolóxicas básicas e a nivel psíquico, axuda a eliminar os pensamentos negativos e nos reconecta co misterio da vida.
O asombro é unha emoción que xorde de maneira espontánea na infancia. Na mente infantil aínda aberta e libre de cargas sociais, son moitas as experiencias cotiás que se viven como asombrosas. As persoas adultas que rodeamos os pícaros podemos xogar a favor ou en contra desta capacidade infantil: a sobreestimulación é a súa inimiga declarada. A divulgadora Catherine Lecouyer explica no seu libroEducar en el asombroa necesidade de tempo e espazo para que nenas e nenos poidan experimentar e conectarse con esta sensación benfeitora.
E que pasa coas persoas adultas? Parece que pouco a pouco o enxordecedor ritmo das nosas ocupacións e as preocupaciónspropias do mundo adulto nos van separando desta capacidade que nos é dada dende a infancia, porén, non desaparece, podemos cultivala nós tamén. Di Frances Miralles que, segundo recentes investigacións, un réxime diario de cinco minutos de asombro abonda para mellorar as nosas vidas sensiblemente.
E aquí rescatamos a lectura e a súa capacidade para asombrarnos. Asómbranos a beleza. Asómbranos a capacidade da escritura para plasmar emocións e vivencias que temos experimentado sen poñerlles nome e que de súpeto vemos plasmadas nun texto. Asómbranos a capacidade das autoras e autores para dar vida con poucas palabras, as xustas, a emocións, vivencias, personaxes, descricións… esa sensación de: Ala!Que capacidade de usar a linguaxe, de atopar novas connotacións a palabras cotiás, de reflectir con poucos elementos experiencias moi fondas, de crear personaxes tan vívidos que parecen máis reais que moitas das persoas que coñecemos! Asómbranos a súa capacidade de provocar en nós novos puntos de vista, de derrubar prexuízos, de darnos a coñecer realidades afastadas no tempo ou no espazo, de facernos repensar verdades que criamos asentadas e inmutables.
A experiencia lectora é, debe ser, unha experiencia de asombro. Recoméndovos que busquedes autoras e autores que vos asombren e con elas, con eles, vivades eses cinco minutos diarios que nos fan a vida máis saudable e autenticamente humana.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



