Afectan a 200 hectáreas do Xistral, sen que a Xunta exerza ningún tipo de control
A Mariña, 28 de abril, 2023. Membros da Comisión de Montes da asociación ecoloxista galega ADEGA realizaron recentemente unha saída ao campo polos arredores da Serra do Xistral, motivados pola detección de múltiples infraccións relacionadas con plantacións ilegais de eucaliptos. Nunha soa xornada, na que se percorreron varias parroquias dos concellos de Abadín e Vilalba, próximas á Zona de Especial Conservación “Serra do Xistral” (ZEC ES1120015), foron detectadas 17 parcelas con plantacións ilegais de eucaliptos, 12 delas en zona de ampliación da Rede Natura 2000 (versión do ano 2008), e 2 en terreos pertencentes a montes veciñais en man común (MVMC), que en total supoñen 200 hectáreas.
Nesta visita puidemos constatar in situ a amplitude desproporcionada das recentes plantacións ilegais de eucaliptos nunha zona que aglutina grandes valores ambientais e paisaxísticos e que estivo incluída nas propostas de ampliación da Rede Natura 2000 que a Xunta de Galicia, previa advertencia da Unión Europea, elaborou en 2008 e reelaborou en 2011, sen que ningunha destas dúas propostas chegase finalmente a oficializarse.
Se ben ADEGA xa vén denunciando desde hai anos que estes lugares de ampliación da Rede Natura 2000 deberían estar xa protexidos, están sendo obxecto dunha destrución acelerada tanto por proxectos eólicos (aeroxeradores, pistas sobredimensionadas, subestacións, plataformas, gabias e tendidos eléctricos) como por plantacións masivas de eucaliptos.
Afectación de hábitats prioritarios e Reserva da Biosfera
Asistimos, unha vez máis, a un flagrante incumprimento reiterado da lexislación vixente, con novas plantacións de eucaliptos, que ademais están a afectar a hábitats de interese comunitaria, algúns deles prioritarios segundo a Directiva 92/43/CEE (como por exemplo o hábitat 4020* – Uceiras húmidas atlánticas de zonas tépedas de Erica ciliaris e Erica tetralix), e as especies de flora e fauna asociadas, nalgúns casos especies catalogadas como vulnerables. E todo isto prodúcese en plena en moratoria aos cultivos deste xénero de árbores australianas en Galiza que, recordamos, son consideradas invasoras polo Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente español.
Por outra parte, os concellos de Abadín e Vilalba forman parte da Reserva de Biosfera “Terras do Miño”, estando 12 das parcelas en zona tampón, que é a zonificación establecida para a protección ou amortecemento das zonas núcleo que se corresponden en Galiza coas ZECs. A figura das Reservas da Biosfera mostra pouca ou ningunha utilidade xa que non serve para a conservación efectiva dos seus valores medioambientais e naturais. Unha vez máis, repítense agresións ao medio ambiente dentro desta Reserva da Biosfera, como xa se ten informado en varias ocasións.
Ante o anterior, solicitamos que o goberno da Xunta de Galicia faga cumprir coa lexislación vixente, actuando de oficio para facer cumprir a moratoria á plantación de eucaliptos nas parcelas onde non estaban presentes antes do 21 de xullo do 2021, impoñendo sancións, obrigando á restauración das parcelas afectadas e empregando os recursos humanos e medios económicos necesarios para por freo a estes delitos, en lugar de facer a vista gorda ou mirar para outro lado. ADEGA puido comprobar in situ como os axentes da Xunta, que supostamente vixían que se cumpra a lexislación ambiental e forestal na zona, non denunciaron de oficio ningunha destas plantacións ilegais.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



