Viveiro, 28 de abril de 2023. O Concello de Viveiro quere transmitir os seus parabéns a todas as persoas que participaron esta mañá na I Andaina Solidaria así como ao Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, encargado da súa organización.
Esta iniciativa, levada a cabo co apoio do Concello de Viveiro e a Asociación Cultural Branque, enmarcase dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional do Deporte polo Desenvolvemento e a Paz e a celebración do aniversario da chegada a Viveiro da Asociación Saúde Mental A Mariña.
Participaron nenas e nenos dos colexios Celeiro, Landro e San Roque, os seus profesores e profesoras, así como pais, nais, e veciñanza de Viveiro xunto a membros do goberno local.
“Dende o Concello aplaudimos esta nova proposta do Grupo de Participación Xuvenil que consideramos é unha peza fundamental a día de hoxe para a promoción deste tipo de iniciativas tan importantes”, pon en valor a alcaldesa María Loureiro.
Durante o traxecto, os membros do Grupo de Participación foron explicando á rapazada os diferentes QR colocados na ruta con temas tan importantes como o TDAH, a depresión, a ansiedade ou ás asociacións que axudan á atención destes casos.
“Dende o Concello agradecemos a colaboración da Policía Local polo seu apoio e coordinación, fundamental para garantir a seguridade dos mais pequenos, así como a Lorena Mera, Técnico de Xuventude, e a Alejandro Ramos, dinamizador do Grupo de Participación e membro da Asociación Branque, pola súa gran implicación e traballo no proxecto. Tamén damos as gracias pola súa xenerosidade a todos os veciños e veciñas que tomaron parte nela”, engade a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.
Ademais do éxito da convocatoria tamén foi importante a visibilización do labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, así como a recadación de fondos.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.