O líder dos socialistas na provincia agradeceu o traballo dos candidatos e candidatas “que levan anos loitando” e puxo en valor “ós que asumen un novo compromiso político con este partido e, sobre todo, cos seus veciños”
Lugo, 30 de abril de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este domingo en Lugo un encontro cos candidatos e candidatas socialistas dos 67 concellos da provincia ás vindeiras eleccións do 28 de maio. Un acto celebrado na contorna do Rato, xunto ó Centro de Interpretación Terras do Miño, que reflexou “a ilusión, dinamismo, fortaleza e unidade” do Partido Socialista. “Presentamos ás municipais ós mellores candidatos e candidatas” para cada un dos concellos e para o conxunto da provincia, subliñou José Tomé Roca, polo que “vamos consolidar as alcaldías que temos, gañar outras novas e manter a Deputación”, recalcou.
“Falar de socialismo é falar de proximidade cos veciños e veciñas, de capacidade de xestión, de defensa dos servizos públicos, de promoción da economía e da aposta polo rural para que teña futuro”. Deste xeito, asegurou o líder dos socialistas na provincia, “vamos gañar estas eleccións para que gañen os 67 concellos da provincia de Lugo en servizos, en mobilidade, en emprego, en calidade de vida e en benestar”.
“A provincia de Lugo necesita máis socialismo porque o socialismo significa avanzar, progreso, futuro e igualdade”, incidiu José Tomé, quen destacou o “fito histórico” do liderado de mulleres nas listas do partido, con 24 candidatas, o 36% do total, a porcentaxe “máis alta das provincias galegas e probablemente do conxunto do Estado”.
“Sempre abrimos camiño nos avances da sociedade”
Neste sentido, o líder socialista afirmou que os socialistas “sempre abrimos camiño en todos os avances da sociedade: en dereitos sociais, en dereitos laborais, en benestar, en xustiza social e, por suposto, en igualdade. E seguiremos abrindo camiño, porque o feminismo é unha das grandes esencias do socialismo. Non é unha moda, non é unha pose para as fotos, como fan outros, é unha realidade, que demostramos cada día, con feitos”.
José Tomé puxo en valor así mesmo que os socialistas da provincia “temos a forza que nos dá o noso traballo continuado en favor dos nosos concellos. A forza que nos dá o noso compromiso co benestar dos veciños, que defendemos sempre, no noso concello, na provincia, en Santiago ou en Madrid, goberne quen goberne. Sempre damos a cara. Non calamos ante os problemas, nin esquecemos as nosas obrigas. Non estamos ó que dite a Xunta dende San Caetano, como fai o Partido Popular”. No Partido Socialista “traballamos para facer realidade aquelo que sabemos que é o mellor para cada concello, para a provincia, con propostas realistas, con feitos e investimentos, con medidas e accións que benefician á xente”, sinalou.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia aproveitou este acto para agradecer o traballo e a implicación de tódolos candidatos e candidatas socialistas. “Moitas gracias ós que levades anos loitando e ós que asumides un novo compromiso político con este partido, e, sobre todo, cos vosos veciños e veciñas, co voso concello”, asegurou o líder dos socialistas, quen destacou que o partido renovou o 37% dos candidatos e candidatas de cara ás vindeiras municipais.
“Todos e todas, xunto cos nosos equipos e agrupacións, levamos traballando moito, e nótase. Ata o Partido Popular baixou as expectativas, vendo a que se lle vén encima. Eu pídovos dar o arreón final, pídovos un esforzo máis neste mes que queda hasta o día das eleccións para dar a coñecer todo aquelo que levamos feito e todos os proxectos que temos para o futuro”, recalcou José Tomé.




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



