Dende o aznarato (1996-2004) abrollou no Madrid político e mediático un fenómeno supremacista de amplas e plurais manifestacións repenicadas en menor medida nas nacións e territorios do Estado. Fenómeno supremacista que conecta coa ideoloxía dominante da España franquista e, máis atrás na historia, conecta co mainstream españolista de raigame castelá que estruturou dende a chegada dos Borbóns e aínda máis dende a xeralización da educación (Lei Moyano, 1851) a linguaxe dominante na identificación e comprensión da España como Estado e tentou definir dende aquela o que tiñamos que pensar e sentir.
Segundo esta corrente que arestora da a batalla cultural non debe haber máis lingua española de uso xeral na Galicia ca o castelán. O galego, como moito, ha ser unha curiosidade etnográfica ou folklórica que non pode ser esixido para os aspirantes á docencia e emprego público. A galeguidade non constituiría identidade nin cidadanía de seu, senón simple adxectivación xeográfica. A liberdade e igualdade das persoas no Estado español seica dependería de sermos unha única nación española cunha única lingua e unha única cultura. Velaí o seu xorne iliberal, ao xeito dos fundamentalismos chauvinistas ruso, polaco ou húngaro arestora gobernantes.
Este supremacismo tenta dominar os contidos da historiografía e educación, no ronsel dunha España supostamente existente como nación de seu dende hai 500, cando non dende hai 2000 anos.Velaí o ferreño rexeitamento á realidade histórica do Reino de Galicia como “regnum” máis antigo da Europa (século V), teimando en salientar un reino astur e despois asturleonés que non existiu senón como perifería do grande reino de Galicia dos reis Afonso VII, Afonso VIII e Fernando que explica o camiño de Santiago, as vilas marítimas de Baiona, Noia, Betanzos, A Coruña ou Viveiro e a Catedral compostelá co seu marabilloso Pórtico da Gloria.
Mais as arelas deste supremacismo son, sobre todo, económicas. Porque a negación de Galicia como país de noso permítelles impornos roles subsidiarios -cando non coloniais- no que atinxe a actividades empresariais que outros non queren por xerar custos ambientais e prexudicar actividades empresariais bem máis rendíbeis para as veciñanzas afectadas. Velaí a actual enxurrada de autorizacións de parques eólicos e a eucaliptización do País da mán dunha ENCE ancorada polo deep state na ría de Pontevedra. Porque dende a perspectiva dunha España única na que Galicia non ten existencia política nin autogoberno real somos só un 5,5% do PIB e um 5,1% da poboación polo que son prescindíbeis para esa España alicerces da nosa economía como a construción naval, sector mar-industria ou agrogandería, mentres infraestruturas para nos fulcrais como o AVE a Portugal ou o corredor europeo de mercadorías non encaixan na radialidade das comunicacións que deriva desta ideoloxía supremacista.
O supremacismo non só ameaza a nosa identidade. Ameaza o noso benestar.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



