Xove, 2 de maio, 2023. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xove convoca o II Concurso de Fotografía para celebrar o Día do medio ambiente, baixo o epígrafe ‘Cal é o teu espazo natural preferido de Xove?’
O obxectivo do concurso é potenciar o coñecemento do medio natural do concello, buscando a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena, etc) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nesa contorna natural.
Categorías de participación:
• INFANTIL —- ata os 12 anos.
• XUVENIL —- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO —- de 18 anos en diante.
Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un obsequio institucional a cada participante.
O prazo de recepción dos traballos comeza o luns 8 de maio e remata o mércores 31 de maio ás 0.00h. O xoves 1 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de facebook do Concello de Xove , onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o luns 5 de xuño, ás 0:00h.
Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.
A fotografía que máis “me gusta” acade en cada categoría será a gañadora.
Requisitos:
Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es.
No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía participante, haberá que incluir tamén a seguinte información:
Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.
Descrición ou título da fotografía.
Número de teléfono de contacto.
No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal.
Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografiada/o.Os premios daranse a coñecer o venres 9 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.
O mesmo día, 9 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega de obsequio a cada participante.
Todas as fotografías do concurso poderán ser expostas ou publicadas en internet para súa difusión sen ánimo de lucro.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



