O Vicedo, 4 de maio, 2023. O BNG presentou a súa candidatura á alcaldía de O Vicedo que encabeza Miguel Gómez Fraga, mantedor mecánico na factoría de Alcoa e tamén gandeiro. Este vicedense de 31 anos, vinculado así mesmo ao mundo do motor a través de equipos de rally, lidera unha candidatura con ideas claras, con proxecto e vontade de sumar. Pecha a mesma Néstor Rego, deputado no Congreso e vicedense da parroquia de Cabanas.
“Imos traballar coa máxima ambición e imos dar o mellor de nós. O noso obxectivo é obter o mellor resultado posible para levar adiante o noso proxecto municipal co que queremos liderar a mellora e o avance que desexamos para O Vicedo, para que teña un horizonte de futuro” manifestou Gómez Fraga, que engadíu tamén que “somos conscientes que no noso concello hai persoas que queren, coma nós, o mellor para O Vicedo, polo que queremos dialogar, sumar e contar con quen tén boas ideas para mellorar a vida das veciñas e veciños e para facer valer os intereses do noso concello”.
No número 2 figura Adrián Piñón Domínguez, que foi concelleiro tamén na corporación vicedense. No numero 3 vai Xosé Penabade González e no 4 Susana Riveira, no seu día tamén concelleira do BNG. Continúa a lista con Jaime Baltar Infante no nº 5, Chus Polo Pigueiras no 6, Sandra Gómez no 7, Xosé Riveira Fernández no 8 e no 9, pechando a candidatura Néstor Rego Candamil.
“Para o BNG de O Vicedo é unha honra que Néstor nos acompañe na lista e colabore con nós, pois o traballo que está a facer no Congreso polo país e pola nosa comarca é inmenso” manifestaron as compañeiras e compañeiros do BNG vicedense.
Por outra parte, o deputado do BNG no Congreso mostrou a súa satisfación e orgullo por “poder formar parte da candidatura do BNG ao Concello do Vicedo” concello onde naceu. Néstor Rego sinala a gran capacidade das persoas que compoñen a candidatura, encabezada por Miguel Gómez, cun proxecto político como o do BNG “que pode sacar O Vicedo da situación en que se atopa”.
“A experiencia dinos que o PP non é nin será capaz de sacar o concello do Vicedo do esmorecemento. De facto, o PP é o responsábel porque se se puxo O Vicedo no mapa galego foi polas malas prácticas do PP, mesmo polos casos reiterados de corrupción. Nós, o BNG, o que queremos é que O Vicedo estea no mapa político de Galiza polas boas prácticas e poder ser, como noutros concellos gobernados polo BNG, coñecidos por seren capaces de transformar en positivo o concello” afirmou o deputado do BNG e candidato polo Vicedo.
Ademáis do propio candidato á alcaldía e de Néstor Rego interviron no acto tamén, o alcalde de Muras Manuel Requeixo e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, que según afirmou o candidato Gómez Fraga son concellos modelo BNG e que ademáis tenen semellanzas co noso concello, un no que respecta ao interior e á montaña e outro no que respecta ao litoral con moitas praias de calidade ao igual que O Vicedo. “Para nós os gobernos de Muras e Barreiros son referencias e queremos telos de modelo de goberno”, asegurou Gómez Fraga.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



