Rematou, con rotundo éxito, a semana do teatro aficionado en O Valadouro con preto de 2000 visitantes e case 100 actores aficionados dos distintos grupos que pasaron polas táboas de Ferreira durante os sete días que durou a actividade. Pasaron grupos de Alfoz, Vilaronte, Bravos, Fazouro e cervo sen esquecernos da homenaxe que se lle fixo o domingo como clausura o grupo de teatro precursor da actividade, no que 25 anos despois da súa primeira singladura, se volveron a xuntar todos os actores da súa primeira obra. O concello fixo unha pequena lembranza da man do seu primeiro presidente, do actual e máis da man da primeira persoa que os ensaiou, Dolores Sánchez. Todos e cada un deles recibiron un obsequio de agallaso por mor da clausura do 25 aniversario da semana do teatro aficionado en O Valadouro.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



