José María Fernández tivo que pedir por segunda vez autorización de acceso ao expediente
Trabada, 10 de maio de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández, anuncia que presentará denuncia na fiscalía porque a solicitude presentada pola súa nai, en tempo e forma, para unha praza na residencia da terceira idade non foi avaliada pola comisión municipal de asuntos sociais. Fernández, tras ter que solicitar por segunda vez autorización do goberno local, logrou acceder ao expediente das valoracións efectuadas na citada reunión e a de súa nai non figura entre as analizadas. A reunión celebrouse o 29 de decembro pasado e a solicitude estaba presentada dende novembro.
José María Fernández considera que a non inclusión das solicitude de súa nai entre as que foron estudadas pola citada comisión pode constituír un presunto delito de prevaricación administrativa, ademais dun caso de marxinación por interese político. Por elo, anuncia que presentará denuncia na fiscalía. “Creo -di Fernández- que podemos estar diante dun delito e por uso porei este asunto nas mans da fiscalía”.
O candidato popular á alcaldía indica que dende o 29 de decembro non houbo máis reunións da comisión de asuntos sociais.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



