Acaba de finar, ós 93 anos de idade, o doutor don Francisco Mayán Fernández. O día 24 de abril do ano 2005, pronunciara en Foz a que acaso foi a derradeira lección maxistral do ilustre profesor. Tiñamos o encargo aquel día de presentalo á audiencia e fixémolo, mais ou menos, así: “Diremos que o doutor don Francisco Mayán é un xove de 89 anos que leva dedicada a vida ás distintas disciplinas da educación e da cultura; e decimos “xove” porque mantén toda a lozanía e vitalidade intelectual, e segue no labor, co mesmo interese e igual xenerosidade. O señor Mayán é natural de Cee, onde a biblioteca pública leva o seu nome. Pero os comarcanos mindonienses considerámolo tamén noso porque a cotío proclama o seu amor por canto significa histórica, cultural e humanamente a cidade episcopal e a súa bisbarra, na que leva residindo e vivindo os seus avatares mais de cincuenta anos, ás veces en postos de primeira liña: foi alcalde daquel concello e o primeiro director do seu instituto, cometido no que permaneceo ó longo de 33 anos. É o seu Cronista Oficial, Fillo Adoptivo e membro honorario da Corporación Municipal. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia, políglota, a súa apaixoada vocación levouno a investigar nos mais diversos campos do saber, e neste senso cabe destacar a súa vontade de mergullarse na historia de Mondoñedo e a comarca.
O historiador é unha autoridade no coñecemento e a interpretación do señor da Frouxeira, e o seu libro El mariscal Pedro Pardo de Cela, a la luz de la nueva documentación histórica faise imprescindible para os estudosos do controvertido feudal.
A aquel personaxe singular que foi Manuel Ledo Bermúdez, “ O Pallarego”, barbeiro-músico ou músico-barbeiro, xornalista e mecenas, cuxa barbería era a un tempo aula musical e ágora de cultura á que acudían en tertulia escritores, músicos e poetas, dedicoulle o doutor Mayán un fermoso libro: O “Pallarego” “un dos meirandes amigos de Cunqueiro”, como di o subtítulo do mesmo, que de cando en vez ollamos para recrearnos na lembranza de episodios que nos son familiares.
Don Francisco Mayán está en posesión de numerosas e prestixosas condecoracións e recoñecementos, e permítaseme suliñar que foi él, como non podía ser doutro xeito, a primeira persoa investida por “O Mundo de Galea” como “Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela”.
Non quixera rematar sen facer alusión a outra das numerosas e meritorias publicacións do doutor Mayán: trátase do libro ”Historia de Mondoñedo. Desde sus orígenes hasta 1883, en que dejó de ser capital de provincia”
Quero enfatizar este dato, porque o historiador segue a reivindicar unha quinta provincia para Galicia, pois considera irracional a actual división, como deixou exposto, entre outras, nunha brillante conferencia que lle escoitamos na biblioteca da cidade espiscopal. Unha hipotética nova provincia, coa capital en Mondoñedo, sería moi beneficiosa para toda a bisbarra. 24-4-o5”
No camposanto de Cee quedaron, para sempre, os restos do que foi paladín da cultura na nosa comarca: Francisco Mayán, mestre e amigo.





















A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



