Viveiro, 20 de maio, 2023. A alcaldable Míriam Bermúdez e varios membros da candidatura do BNG, mantiveron unha reunión coa nova directiva da Mancomunidade de Montes de Vieiro quen expuxeron os proxectos para mellorar os servizos da parroquia e poñer en valor os seus atractivos. Míriam Bermúdez observou na nova directiva da Mancomunidade de Vieiro “moita ilusión e traballo con proxectos totalmente alcanzables e realizables, sendo a reapertura das Minas da Silvarosa o proxecto estrela.”
Unhas minas que contan cun enorme atractivo, infravaloradas e que están a pasar totalmente desapercibidas para a administración local, o Concello de Viveiro, pero que desde o BNG estamos seguras que aumentaría o valor patrimonial do concello sumando novas actividades culturais, escolares e incluso deportivas, fomentando un turismo desestacionalizado e a posta en valor de Vieiro.
A Mancomunidade non deixou de exixir bens para a parroquia de Vieiro como os desbroces das marxes nas suas estradas que, como xa tivo que denunciar o BNG hai un ano, asusta transitar por elas do perigo que supoñen. Míriam Bermúdez recordou o estudado Plan de Mantementos de Estradas Municipais que se planificou desde o BNG, para chegar ao goberno cos deberes feitos, e evitar este gran problema que están padecendo todas as parroquias do concello.
Por último, Míriam Bermúdez afirma que o asociacionismo é o que verdadeiramente nutre ao pobo e un Concello non debe só aportar axuda económica e olvidarse, senón tamén axuda xurídica e administrativa, así como o asesoramento e comunicación con outros órganos e administracións para acadar os proxectos que Viveiro merece.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



