Lugo, 23 de maio de 2023.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu hoxe a benvida aos secretarios e secretarias municipais da provincia que participaron esta mañá na reunión técnica para coordinar o proceso electoral do vindeiro 28 de maio. Durante o encontro, que tivo lugar na sede da Axencia Tributaria de Lugo, Isabel Rodríguez aproveitou para agradecer o traballo dos secretarios dos 67 concellos da provincia, velando pola transparencia, obxectividade do proceso e o principio de igualdade. Así mesmo, recoñeceu o esforzo e interese que poñen os traballadores públicos da Subdelegación do Goberno na provincia para que a xornada electoral transcorra con total normalidade. Esta reunión enmárcase no plan de coordinación loxística que leva a cabo a Subdelegación para as próximas eleccións municipais.
Isabel Rodríguez agradece o traballo dos secretarios municipais da provincia por velar pola transparencia e obxectividade no proceso electoral do 28M
Isabel Rodríguez agradece o traballo dos secretarios municipais da provincia por velar pola transparencia e obxectividade no proceso electoral do 28M
Relacionado
-
O PP lamenta a ausencia da Deputación no Salón Gourmets de Madrid perdendo así “outra oportunidade” de potenciar os produtos agroalimentarios da provincia
-
Aprobada unha colaboración da Deputación co Festival Aturuxo de Bravos
-
O Grupo Popular demanda que a Xunta inclúa a praza vacante do centro de saúde da Fonsagrada en futuras ofertas de emprego de difícil cobertura