Hoxe, nun paseo pola vila xunta a candidata á alcaldía e o seu equipo
Viveiro, 24 de maio de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, realizou esta tarde un percorrido por Viveiro acompañando á candidata popular á alcaldía, Mariña Gueimunde, e ao seu equipo. Acompañáronos o coordinador provincial do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, e o deputado nacional Jaime de Olano.
A número dous dos populares galegos sinala que fronte a un proxecto esgotado e a falta de iniciativa da actual alcaldía, Mariña Gueimunde presenta un programa valente e cheo de ideas novidosas para impulsar en Viveiro a partir do próximo 28 de maio.
“Fronte a unha alcaldesa que non só non promove realizacións importantes na vila, senón que nin come nin deixa comer, como vemos no bloqueo da nova variante, Mariña Gueimunde sempre destacou polo seu compromiso con Viveiro en todos os foros nos que participou”, di a secretaria xeral dos populares galegos.
Así, relata Paula Prado que tanto no seu desempeño como concelleira, como senadora ou como xefa territorial de Educación puxo sempre por riba as demandas da vila, como demostran, por exemplo, as inversións nos centros educativos feitos durante o seu último cargo.
Pola súa banda, a candidata á alcaldía Mariña Gueimunde sinala que “Viveiro precisa restablecer as relacións institucionais con outras administracións e fortalecer as súas infraestruturas para deixar atrás a decadencia e deterioro ao que a teñen sometida nos últimos anos”.
Engade a candidata popular á alcaldía que “o traballo, o esforzo e o compromiso son claves para reiniciar unha senda de recuperación este domingo no que Viveiro se xoga o seu futuro”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



