A Mariña, 31 de maio, 2023. O 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás.
Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio, estes tres guías autónomos volven unirse para seguir dando a coñecer xuntos as belezas e riquezas da zona.
O sábado 10 de xuño será o turno de #RedescubrindoFoz, no que Ana Pena (focega) e Guido Álvarez (neto de focega, de Vilaronte, e cun estreito vínculo co municipio) buscarán dar a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila sen deixar de lado a intención de sorprender ás propias veciñas e veciños que se animen a vivir a experiencia. Terá lugar de 11h a 14h e o punto de encontro e final do paseo será a Praza Conde de Fontao.
O domingo 11 será o turno de #RedescubrindoXove, no que Boris Vilar (viveirense e gran dinamizador de actividades na Mariña Occidental) e Guido buscarán dar a coñecer os segredos e tesouros do concello partindo e rematando o percorrido no Porto de Portocelo co mesmo horario de actividade (de 11h a 14h) que no caso de Foz. Ambos días os guías propoñen un xantar informal, picnic, despois dos paseos, no que cada participante debe levar a súa propia comida.
Ambas actividades teñen un custo de 10 € por persoa (IVE incluído), con posibilidade de bonos (compartibles) de 10 paseos por 60 € ou de 5 paseos por 40 €. Hai tamén descontos -tanto nos bonos como en cada actividade- do 30% para menores de 18 anos, e gratuidade para menores de 4. Para inscribirse é preciso escribir un correo a guidoguiaturismo@gmail.com ou ben contactar con calquera dos tres guías a través das súas redes sociais.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



