Como se de Saramago e as súas ‘intermitencias da morte’ se tratase, unha famosa política (pola política que fai, ocorrencias que ten, e votos obtidos, sen presupoñer por iso que as súas políticas sexan boas ou as súas condutas éticas) remata de afirmar (antes das eleccións) que ‘ninguén morreu’ pola contaminación. 30 000 mortes só en España nos últimos ans non deben ser ‘ninguén’.
O feito é só un episodio máis do que xa é unha política normal ou normativa nesta España na que vivimos, isto é, axustada á norma e asimilada día a día dese xeito. Xa está asumido considerar mortos nas residencias como cousas que pasan, como un atropelo casual por prte dalguén que vai ata as cellas doutro alguén que pasaba por alí. O mesmo que considerar boa a desigualdade, como se fose unha diversidade máis que hai que preservar porque favorece ó ecosistema, unha necesidade de manter mesmo depredadores carnívoros para poder dar boa conta dos herbívoros (que seríamos nós) e que non se descontrolen. Ou protexer o tráfico baseado en combustibles porque fardar de coche potente da status e ‘se España non pode, ti podes’, e iso dá glamour ó país. E sen contradicir que se favoreza a compra de vehículos eléctricos caros por parte de quen poda mercalos! Ou…
En troques do anterior, non é que ninguén morrera, morra ou morrerá, pois todos morremos. Pero hai quen morre antes por culpa de respirar a diario un aire contaminado na gran cidade e non poder ir pasar o descanso nun confortable chalet ás aforas de aire límpido. Ou por non poder procurarse unha asistencia médica decente pola indiferenza ante o ateigamento e falta de medios dos centros médicos públicos despois dunha rebaixa de impostos. Ou… por outras moitas cousas, que excederían a lonxitude adecuada deste artigo.
Pero eses feitos e moitas outros non parecen importar nin en campaña electoral (aínda recente ou próxima futura), nin antes, nin despois, ao menos en importancia relativa e atención requirida fronte a diversas mentiras espalladas para facer impacto antes dos comicios, mais tamén nalgunha circunstancia na que se quere influír en certas decisións. É dicir, desas mentiras que están xa á orde do día e das que case non podemos liberarnos polo esforzo que esixe ir detectando todas elas.
E a cousa tende a ir a máis: cada vez hai máis posibilidade de interacción directa, de impacto xusto no punto debido, pois imos deixando rastro de datos que empresas sen moito escrúpulo, de xeito legal ou ilegal, van recollendo e vendendo, para poder facernos un cadaleito a medida se se conta con cartos abondo. Un cadaleito de mortos en vida, vendidas as nosas posibilidades, eleccións, anceios ou esperanzas. E uns cartos -normalmente, alleos, concentrados en pouca xente-que tenden a aumentar ó tempo que diminúen os nosos, pois unha vez no cadaleito, tamén estamos indefensos para defender os nosos cartos. Aínda que nos teñan convencidas de que nun cadaleito a medida estase moi ben! Ó fin e ó cabo, que é o importante? Que o cadaleito sexa cómodo, claro!






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



