Ribadeo, 2 de xuño de 2023. Na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho tivo lugar o acto de entrega dos premios ás gañadoras e gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, felicitounos: “quero aproveitar a ocasión para felicitar ás gañadoras e aos gañadores deste Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho. E quero animalos a seguir escribindo e debuxando, a que sigan facendo da arte un dos piares do seu día a día”.
A edil ribadense engadiu: “e tamén quero agradecer a participación de toda a rapazada que se presentou ás distintas modalidades de categorías do Certame, xa que o número achegouse aos 700 traballos”.
Os gañadores son:
NARRACIÓN (Presentadas 141)
CATEGORÍA A (ata 8 anos) (Presentadas 21)
1º PREMIO
“Eu e os libros”. Cidre Nonide García (7 anos). CEIP Gregorio Sanz.
2º PREMIO
“Ana e a biblioteca encantada”. Ana Ares Arias (8 anos). C. Sagrado Corazón.
3º PREMIO
“A biblioteca máxica”. Mencía Carmen López Álvarez (8 anos). C Sagrado Corazón.
CATEGORÍA B (9 a 11 anos) (Presentadas 68)
1º PREMIO
“Os amigos inseparables”. Nerea Sobrado Gasalla (11anos). CEIP Gregorio Sanz.
2º PREMIO
“Libros para xogar, libros para vivir”. Nicolás Pérez Pravia (10 anos). C. Sagrado Corazón.
3º PREMIO
“Libros para xogar, libros para vivir”. Valeria Reimundo Fernández (11 anos) C. Sagrado
Corazón.
CATEGORÍA C (12 a 16 anos) (Presentadas 60)
1º PREMIO
“O marcapáxinas”. Lucía Lastra Pérez (15 anos). C. Sagrado Corazón.
2º PREMIO
“ A beleza do descoñecido”. Jimena Campo Arias (15 anos) C. Sagrado Corazón.
3º PREMIO
“A reventa”. Pablo García Legazpi (15 anos). C. Sagrado Corazón.
DEBUXO (Presentados 327)
CATEGORIA A (ata 8 anos) (Presentados 151)
1º PREMIO
Valeria Rancaño Malnero (7 anos). C. Sagrado Corazón
2º PREMIO
Leire Posada García (8 anos). C. Sagrado Corazón.
3º PREMIO
Leah Ferreiro García (7anos). CEIP Gregorio Sanz
CATEGORÍA B (9 a 11 anos) (Presentados 114)
1º PREMIO
Valentina Staske Rubio (10 anos) CEIP Gregorio Sanz
2º PREMIO
Lola García Meitín (10 anos). CEIP Gregorio Sanz
3º PREMIO
Javier Gutiérrez López (11 anos). CEIP Gregorio Sanz
CATEGORÍA C (12 a 16 anos) (Presentados 62)
1º PREMIO
Marala Pérez-Magdalena Villar (15 anos). IES Dionisio Gamallo Fierros
2º PREMIO
Claudia Loureiro García (16 anos) IES Dionisio Gamallo Fierros
3º PREMIO
Iria López Arias (16 anos) C. Sagrado Corazón























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



