Foz, 17 de xuño de 2023. Fran Cajoto foi investido alcalde de Foz hoxe, sábado, cos 7 votos do grupo municipal socialista.
No seu discurso Cajoto explicou: “hai catro anos comezamos unha andaina ilusionante de compromiso co servizo público. Fixemos un pacto coas veciñas e veciños de Foz, no que un grupo de rapazas e rapaces con capacidade pero sen experiencia, con ideas socialistas, progresistas, centrados nas persoas, iamos esforzarnos polo mellor dos proxectos: mellorar o noso pobo, transformar as parroquias en lugares conectados, máis atractivos para vivir, converter a nosa vila nunha cidade amable, cómoda, que fora unha referencia na comarca da Mariña, traballar duro por Foz. Para iso sacrificamos moitas cousas. Sacrificamos a privacidade, o anonimato, quizais certa liberdade, pero sobre todo o ben máis prezado que temos: o noso tempo. Tempo que lle sacamos ás nosas familias, aos amigos, aos nosos hobbys, ás nosas vidas. Un día coma hoxe quero pedir perdón polo tempo roubado á miña familia, pero especialmente a dúas rapazas que hoxe me acompañan e que se están a converter en dúas grandes mulleres, a Alba e a Nuria. É unha débeda que terei sempre con vosoutras”.
O reelixido alcalde de Foz engadiu: “pasados catro anos, comezando unha nova lexislatura, quero dar as grazas de todo corazón a todos aqueles que me acompañaron nos bos, pero sobre todo nos malos momentos, que souberon coidarme, apoiarme e con cariño e bos consellos axudarme a seguir traballando e a esforzarme día a día. Dar as grazas aos amigos, aos traballadores municipais, a todos os compañeiros de partido e especialmente aos concelleiros que me acompañaron no goberno. Quero facer fincapé nos edís do meu grupo municipal, o socialista: a Inés, a Héctor, a Verónica, a Ana, a Chema, a Carlos, a Mili, a Javier, a Kathy. Non é fácil, sabédelo, moitas veces incluso ingrato, pero os feitos están aí e as obras quedan. Podedes estar ben orgullosos do esforzo, do compromiso, da honestidade e do traballo sincero destes catro anos con este pobo”.
Fran Cajoto tamén comentou: “acompáñanme hoxe dúas novas persoas, Ángel e Elena, que a min xa me demostraron a súa valía e que agora o van a facer a todas as veciñas e veciños de Foz: seguide remando como o estades a facer. Só espero que Foz saiba perdoar os erros que cometemos e os que quedan por cometer. Serán os menos porque o traballo honesto sempre dá bos froitos. Un día coma hoxe quero dar as grazas especialmente ás veciñas e veciños de Foz, porque coa súa confianza permitíronnos de novo seguir axudando a construír un pobo que queremos que sexa mellor para os nosos fillos. Moitas grazas polo voso apoio, a traballar!”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



