Lourenzá, 17 de xuño de 2023. No pleno da corporación municipal de Lourenzá celebrado na tarde de hoxe, sábado, foi investida alcaldesa Rocío López García por terceiro manda consecutivo.
No seu discurso de investidura Rocío López comentou: “cúmprense oito anos dende que sentei por primeira vez nesta cadeira; aló polo 2015 os cidadáns de Lourenzá nun exercicio libre e democrático decidistes darme a encomenda de dirixir e representar este concello. Aquel día sentada aquí mesmo comprometinme con vós e asumín aquela tarefa con grande ilusión e responsabilidade, co compromiso de cumprir e executar aquel proxecto socialista co que nos presentamos. Hoxe, 8 anos despois e logo de dúas maiorías absolutas, a vontade dos cidadáns de Lourenzá, expresada nas urnas o pasado 28 de maio de xeito libre e democrático, ratificou novamente a confianza en min e no meu equipo.
Teño que darvos as grazas por esa confianza depositada en min e no meu equipo, por ese grande apoio que mais aló da maioría absoluta nos deu un resultado histórico para o partido socialista de Lourenzá; grazas infinitas por esa ampla maioría que nos outorgastes nas urnas. Este resultado pon de manifesto a aprobación e a satisfacción dun traballo ben feito, de saber que estamos traballando no bo camiño, na senda que as veciñas e veciños de Lourenzá queredes para o futuro deste pobo. Estouvos moi agradecida e tamén moi contenta porque sei que cada vez somos máis os laurentinos que queremos e entendemos este modelo de goberno porque este proxecto é un proxecto das persoas, é un proxecto de todos e para todos por igual, no que para min, por encima das cores políticas sempre está Lourenzá e a súa xente”.
A alcaldesa de Lourenzá engadiu: “afronto este reto con moita ilusión pero coa seriedade que me dá a experiencia e o coñecemento de oito anos de goberno a fronte da Alcaldía e sendo consciente de que aínda son moitas as cousas que nos quedan por facer. Ser alcalde ou concelleiro do noso municipio é a maior honra que pode ter unha persoa con vocación de servizo público. Por iso eu síntome plenamente orgullosa deste reto e estou moi agradecida a tantas e tantas persoas que ó longo destes 8 anos nos destes o voso apoio e confianza. Neste momento de gran emoción institucional e persoal quero mostrar a miña gratitude a todas as veciñas e veciños de Lourenzá, aos que os votaron e aos que con toda lexitimidade preferiron outra opción política. Dende este momento sigo sendo a alcaldesa de todas e de todos e ó servizo de todos traballarei con humildade e xenerosidade buscando sempre o que creo mellor para Lourenzá. Este será o meu empeño, tal e como foi dende que entrei a formar parte desta corporación municipal no ano 2015”.
A rexedora municipal comentou ademais: “quero ter tamén unhas palabras de agradecemento para os concelleiros da oposición desta lexislatura que rematou porque a pesar das diferenzas que puidemos ter e dos diferentes puntos de vista sempre defendemos o que críamos mellor para Lourenzá. Quero ter tamén un moi merecido agradecemento para os concelleiros que me acompañaron noutras lexislaturas e que hoxe xa non están e sobre todo para os que estivestes á fronte das distintas concellerías nestes últimos 4 anos porque sabedes que sempre vos digo que é un pracer traballar con vós. Grazas polo empeño que poñedes en defender á perfección cada área que representades e sobre todo grazas pola unión e o cariño que tedes cara á miña persoa. E tamén permitídeme ter unhas palabras de benvida para un concelleiro novo que este ano inicia a súa andadura política e que estou segura que vai a desenvolver moi ben o seu cometido neste equipo de goberno. Unha mención tamén especial para os concelleiros que pasades a integrar a oposición, da que eu tamén nalgún día formei parte; dicirvos que estamos no mesmo equipo, no das persoas que asumimos axudar ó noso pobo dende a política local, por iso sempre atoparedes a miña man tendida para traballar no mellor para Lourenzá e para servir a cidadanía. E por suposto, en último lugar e non por iso menos merecido agradecemento, senón todo o contrario, moitas grazas á miña familia por toda a comprensión que teñen comigo, sobre todo por todo o tempo que lles roubo e que non podo compartir con eles e por todo o que lles vou a roubar; sei que ás veces non é fácil, pero, mamá e papá, os veciños déronme esta responsabilidade e non podo fallar. E, como non, teño que dar as grazas dun xeito moi especial a todo meu equipo, a todos os que formades parte da miña segunda familia, a socialista, por todo o traballo e a contribución a este proxecto. E tamén grazas aos funcionarios e traballadores deste Concello polo desempeño das súas labores para un bo funcionamento no día a día do noso municipio”.
Rocío López rematou o seu discurso dando as grazas “ós meus veciños, a todos os que estades aí no día a día, a esa xente das asociacións, por traballar e colaborar con nós sempre que o pedimos, porque cando as cousas se fan entre todos está claro que sempre saen mellor. Grazas pola colaboración e o apoio que me mostrades sempre, por todo o que aprendín e aprendo con vós, por facerme sentir próxima, esa alcaldesa veciña e amiga que sempre quixen ser. Digo sempre que un alcalde non nace, un alcalde faise, e eu fágome con vós. Con cada proposta que teño que sacar adiante, con cada proxecto, con cada tarefa que me encomendades. É un privilexio poder traballar no ben común e no que creo mellor para o meu pobo. E remato xa dicíndovos que tanto eu como os meus compañeiros imos traballar dende xa, dende o lugar que nos outorgaron os veciños, con responsabilidade, con seriedade e con humildade para loitar polo que cremos mellor para Lourenzá e para o benestar da veciñanza laurentina. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa confianza, e sobre todo grazas tamén por estar presentes neste acto de constitución da nova corporación municipal. Grazas por facer que o día de hoxe sexa outro día para recordar na historia do Concello de Lourenzá”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



