Critica que priorice o turismo do litoral e as actividades náuticas, fronte a defensa da pesca, acuicultura, marisqueo e recollida de algas
Santiago de Compostela, 18 de xuño, 2023. As deputadas do BNG, Alexandra Fernández e Rosana Pérez criticaron á intención do goberno do Partido popular para aprobar, “polas presas electorais”, e de maneira “apresurada” a Lei de Ordenación do litoral á que o BNG presenta 85 emendas por considerar que o texto é “inaceptable” e contrario á economía azul xa que prioriza actividades turísticas e náuticas e a enerxía eólica fronte ao sector da pesca, marisqueo, acuicultura e recollida de algas.
Un debate sosegado cos sectores implicados
Na súa intervención, a portavoz de Ordenación do territorio, Alexandra Fernández reclamou ampliar o trámite e iniciar un “debate sosegado” cos sectores afectados co fin de acadar unha norma non secundarice a pesca e o marisqueo e poña freo a implantación da enerxía eólica mariña.
A nacionalista criticou que o PP “coarte o proceso de tramitación da Lei de Ordenación Integral do Litoral de Galiza” obviando o preceptivo informe do CES e negando o diálogo aos axentes económicos e sociais. A deputada tamén lembrou que o propio presidente do Consello Económico e Social, o ex-conselleiro, Agustín Hernández enviou unha carta para amosar as súas queixas pola tramitación da lei.
Nesta liña, anunciou que o BNG xa rexistrou un escrito na Cámara galega denunciando “o proceder escandaloso do PP” e solicitando que se abra un proceso de participación ao redor da lei. Alexandra Fernández engadiu que a queixa do ex-conselleiro non gustou ao goberno e catro días despois rexistraron o trámite da lei “pola vía de urxencia” para reducir a metade os prazos, un “novo ataque”, dixo, á calidade e funcións do Parlamento.
O PP, coarta o diálogo axilizando os trámites a calquera prezo para “facer electoralismo coa lei” e evitar enfrontarse as denuncias de diversos colectivos. Para a deputada, “unha lei que nace sen diálogo está condenada a fracasar”, e a lei do PP non está feita para gobernar, busca “a confrontación para a compaña electoral” do 23X.
Sen transferencia de competencias a lei non pode avanzar
A deputada recalcou que as 85 emendas do BNG melloran o texto porque a lei contén unha parte declarativo que despois non se vai cumprir. . Todos os plans de ordenación que propón, explicou Alexandra Fernández, se podían realizar coa actual Lei de Ordenación do Territorio e destacou que o realmente importante, é “a falta de competencias das funcións e servizos de costas”. O PP vén de votar esta semana en contra da proposta de lei do Bloque precisamente para a transferencias das funcións e servizos sobre o litoral”.
Dende o BNG propoñemos unha Axencia de Protección e Conservación do Litoral para adquirir adquisición de terreos e espazos de interese patrimonial ambiental , un Fondo de Conservación do litoral e un “novo Canon de explotacións de actividades”.
A lei non respecta a Economía Azul e prioriza o turismo do litoral, a eólica mariña e as actividades náuticas fronte a actividade pesqueira, concluíu.
O PP non respecta a Economía azul
Pola súa parte, a portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez insistiu en que a Lei do PP prioriza o turismo do litoral, as actividade náuticas e os espazos para a enerxía eólica mariña, fronte ao sector da pesca, acuicultura, marisqueo e recollida de algas.
A lei non recolle como actuación estratéxica a pesca e o marisqueo
Ademais, criticou enerxicamente que o Partido popular “traspasara a liña vermella” no ámbito da eólica mariña. Dende o BNG, afirmou, rexeitamos esta implantación e consideramos que non se pode efectivizar “mentres non se publiquen os informes que confirmen que as instalacións non afectan á pesca”.
A lei do goberno do PP, dixo Rosana Pérez, “é unha declaración de intencións” e non concreta medidas especifica medidas concretas en defensa do sector pesqueiro. É unha “lei inaceptable” e pedimos ampliar a súa tramitación para abrir un debate con todos os axentes implicados, concluíu



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



