As novas incorporacións, Adrián Arias e José Manuel Balseiro, asumirán as áreas de innovación, emprendemento e zona rural; e Seguridade Cidadá, respectivamente
Cervo, 30 de xuño de 2023. A rexedora de Cervo, Dolores García Caramés, deu a coñecer este mediodía a organización do novo Goberno resultante das Eleccións Locais celebradas o pasado 28 de maio.
A propia Caramés será a encargada da coordinación das diferentes delegacións divididas por áreas de xestión do seguinte xeito:
As áreas de Cultura, Xuventude e Facenda, serán asumidas pola alcaldesa, Dolores García Caramés.
A delegación de Medio Ambiente Obras e Ecoloxía, estará dirixida pola concelleira Manuela Méndez Álvarez.
A delegación de Réxime Interior, Emprego e Formación, estará encabezada polo concelleiro Alfredo Antonio Fernández Casas.
A delegación de Innovación e Emprendemento, e Zona Rural, corresponderalle ao concelleiro Adrián Arias Díaz.
A delegación de Asuntos Sociais e Igualdade, Educación e Sanidade, estará dirixida pola concelleira Mª Concepción Pilar Armada Carrete.
A delegación de Deportes e Turismo, estarán xestionadas polo concelleiro David Rodríguez Pernas.
A delegación de Seguridade Cidadá, corresponderalle ao concelleiro José Manuel Balseiro Orol.
A rexedora destacou a gran confianza que ten depositada neste equipo de compañeiros e compañeiras “formado por veciñas e veciños de Cervo con experiencia e acreditada capacidade de traballo, e con moitas ganas de seguir a traballar por este concello”, e puxo en valor tamén as novas incorporacións “con compromiso, ilusión e ideas novas para seguir mellorando o noso municipio”.
Caramés afondou na aposta por un Goberno “activo, participativo, implicado ao 100% e ao servizo da veciñanza de Cervo os 365 días do ano”, que é a nosa forma de traballar, como vimos facendo ata o de agora.
Tal e como explicou, desde o Concello de Cervo seguiremos apostando pola transparencia e a información puntual á veciñanza “que será plenamente coñecedora da xestión do gasto público, e de todos os investimentos que materialicemos”; apoiándonos nunha profesional en materia de información e comunicación, “na que recaerá a estratexia global de comunicación, a relación directa cos medios, e que se encargará de coordinar tamén as actividades culturais, lúdicas e de lecer dirixidas á mocidade” que recibirá unha retribución bruta anual de 21.699,96 euros.
Caramés quixo precisar que se actualizaron as dedicacións en consonancia cos tempos, puntualizando que, en ningún caso, o orzamento total do gasto dos órganos de goberno e da Corporación supera o incremento do IPC dos últimos catro anos; “de feito o orzamento destinado aos órganos de goberno foi reducido en case 8000 euros con respecto á pasada lexislatura”; pero tamén actualizamos -explicou- as contías relativas á asistencia ás Xuntas de Goberno e ás sesións plenarias, o que afecta á Corporación municipal ao completo, tanto ao goberno como aos grupos da oposición, subliñou.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



