Nota de Prensa
O GMPP: “as escolas deportivas hai que pagalas. ¿Donde está a gratuidade anunciada polo bipartito?”.
O PP denuncia a ausencia de subvencións directas do concello ós centros de ensino.
Os populares consideran fracasado os modelos deportivo e educativo do bipartito burelés e piden que se axude ós clubes, colexios e asociacións.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe en rolda de prensa que o bipartito burelés está a deixar de manifesto que moitos dos seus compromisos en materia de deporte e educación son papel mollado.
O GMPP puxo exemplos para demostrar as súas afirmacións. En materia de deporte, os populares indicaron que o bipartito incumpliu o seu compromiso de que as escolas deportivas foran gratuitas para os nenos e nenas participantes nas mesmas. Agora mesmo hai clubes que, ainda que teñen subscrito convenio a tal efecto co concello, van ter que cobrarlles ós participantes nas escolas póla sinxela razón de que o concello ainda non lles pagou o sesenta por cento do que lles adebeda da temporada 2009-2010, em total ó redor de trinta mil euros. Os clubes con convenio co concello son o Burela Fútbol Sala, a S. D. Burela e o Clube de Baloncesto Burela.
Os populares lembran que os membros do bipartito fartáronse de decir que as escolas deportivas serían gratuitas na súa totalidade, e resulta que agora se demostra que era mentira o que decían e que enganaron ós veciños e veciñas deste concello. Agora, moitos pais e nais de alumnos van ter que pagar bastante máis dos sete euros mensuais que custaban cando gobernaba o PP; se sete euros eran moitos, máis o son vinte, e eso gracias á política deportiva do bipartito burelés.
Os populares consideran que esta política de anuncios que non se cumpren é o mínimo común denominador da política do bipartito: digo e non faigo.
E esta mesma cuestión trasládana ó mundo do ensino. Os centros de ensino, que durante o goberno do PP tiveron subvencións directas para actividades, levan dous anos sen contar con eses cartos e este curso que comenza tampouco terán aportacións económica municipal para actividades extraescolares. Ademais, compre destacar que os vixiantes de comedor e as actividades de tarde para facilitar a xornada única xá eran abonadas polo concello durante o goberno municipal do PP. Pois ben, co PP, ademais do indicado, tamén había contías para cada centro de ensino para excursións, etc., que agora teñen que ser abonadas polos alumnos participantes e polos centros de ensino, o que representa un claro retroceso nesta materia.
Polo tanto, e tendo en conta que tampouco as asociacións culturais contan com axudas municipais, temos que concluir que o bipartito incumple os seus compromisos públicos. A solución pasa por reducir o despilfarro e o derroche e facer as aportacións correspondentes ós clubes, ós centros de ensino, e ás asociacións, para que poidan traballar e desenvolver de forma satisfactoria as súas actividades .





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



