Nota de Prensa
Os populares de Foz non cuestionan o positivo da celebración do Día do Deporte pero si que a organización desta actividade obrigue ao peche dun espazo céntrico alterando o descanso e actividade habitual dos alí residentes
OS POPULARES DE FOZ FANSE ECO DO MALESTAR DE VECIÑOS POLO PECHE DA RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO O PASADO DOMINGO
* Sinalan a explanada do porto ou da Ribeira como un lugar máis apropiado para albergar este tipo de actividades, por iso alí se localizan as festas, citas gastronómicas como a feira do polbo e outros eventos multitudinarios.
* Fernández Manín pensa que si a Alcaldía quere potenciar a actividade comercial nesta zoa da vila debera organizar outro tipo de actividades máis proveitosas.
Foz, 14 de setembro de 2010.- O peche ao tráfico da avenida Álvaro Cunqueiro durante o pasado domingo con motivo da celebración do Día do Deporte xerou gran malestar entre veciños deste espazo céntrico da localidade. A afluencia dos participantes desde primeiras horas da mañá, e os traballos previos de organización, serviron para alterar o descanso e a actividade habitual de moitos dos alí residentes nun día que, de xeito habitual, é aproveitado para o repouso.
Os populares, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, veñen de facerse eco das múltiples queixas recibidas e insisten en que en ningún momento cuestionan a idoneidade e acerto da celebración do Día do Deporte, pero si consideran que a organización desta actividade debera terse realizado nun emprazamento máis axeitado e correcto.
OUTROS EMPRAZAMENTOS MÁIS ACAÍDOS
Desde o PP sinalan á explanada do porto ou a Ribeira como un lugar máis acaído para albergar este tipo de actividades que incluían a instalación de distintas pistas deportivas, circuítos para bicicletas e patines así como de varias competicións. A amplitude destes espazos e a posibilidade de desenvolver disintas actividades sen risco de circulación viaria son razóns que nestas explanadas se localicen as festas, e as principais citas gastronómicas como por exemplo pode ser a feira do polbo, así como outros eventos multitudinarios.
IMPULSO Á ACTIVIDADE COMERCIAL
Os populares insisten en que a Alcaldía debera pensar ben as cousas antes de proceder ao peche dunha das principais avenidas da vila, cos consecuentes prexuízos que isto ten provocado. Subliñan ademais que se na intención do Concello estaba impulsar a actividade comercial da vila, deberan promoverse actividades doutra índole, pois os comerciantes tampouco obtiveron grandes beneficios polo peche da avenida o que permite concluír un balance no que abundan os aspectos negativos sobre os positivos.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



