O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos nenos e nenas participantes nesta iniciativa enmarcada na campaña de verán do Goberno galego, que oferta 1.780 prazas na provincia
Viveiro, 17 de xullo de 2023. A Xunta de Galicia desenvolve actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro, que oferta cinco quendas durante os meses de xullo e agosto.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos nenos e nenas que desfrutan da súa estadía nestas instalacións desde o pasado sábado ata o vindeiro luns 24 de xullo.
O programa inclúe actividades náuticas como vela, windsurf, esquí acuático, caiac ou snorquel; unha aula de natureza mariña; olimpíadas de terra e mar; diversión na praia con xogos de voleibol, slackline, paddle surf, cometas de tracción e palas. Tamén realizan excursións.
Arias apuntou que a actual campaña de verán da Consellería de Política Social e Xuventude, co lema O verán que sempre vas lembrar, oferta 1.780 prazas en seis instalacións da provincia de Lugo. En total desenvólvense 30 quendas en Viveiro, na Devesa (Ribadeo); Os Chacotes (Palas de Rei); no albergue Benigno Quiroga (Portomarín), no Lug II (Lugo) e en Carballedo.
Subliñou que o obxectivo destas accións é que os nenos e mozos desfruten das vacacións ao tempo que se lles facilita ás familias un recurso de conciliación durante a tempada de verán.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



