A cita, organizada pola administración local e a asociación de Cabaleiros da Bidueira, será a competición que dará a coñecer a nova pista ecuestre construída durante este ano con fondos municipais
Cervo, 24 de xullo, 2023. O Concello de Cervo será o próximo sábado o escenario da I carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada nas novas instalacións polos edís de Zona Rural e Deportes, Adrián Arias e David Rodríguez, respectivamente, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar xunto á administración local.
A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50, serrada-marcha do país, chapeada-marcha do país); establécense un mínimo de catro partcipantes por categoría e haberá case 2000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas.
O prazo para anotarse remata este martes, 25 de xullo, e as persoas interesadas poden facelo por wasapp no 658 03 20 19.
Tal e como recordaron os concelleiros, a iniciativa de construír esta pista na Bidueira -que supuxo un investimento superior aos 40.000 euros procedentes das arcas municipais- naceu da comunicación con estes rapaces afeccionados ao mundo cabalar, cunha gran tradición en Cervo. Así, grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cedeu os terreos para a súa construción e o Concello aportou a financiación pertinente, “conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello”, que veremos xa como cobra vida este mesmo sábado con esta primeira competición, que “estamos seguros que será a primeira de moitas”.
O edís quixeron felicitar a esta nova asociación pola iniciativa, e desexarlles toda a sorte neste evento “que servirá de inauguración para este novo escenario deportivo que sumamos en Cervo co que tamén conseguimos darlle vida ás instalacións do antigo campo de fútbol da S.D. Cervo, que están ao seu carón”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



