Burela, 24 de xullo de 2023. O Concello de Burela fixo públicas as bases do VII Certame de Pintura Mural Amarte, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto, coincidindo coa celebración da Feira do Bonito.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, dixo que “estamos diante da sétima e última edición de Amarte por limitacións de espazo no muro portuario. E a ela queremos convidar a participar aos artistas locais e comarcais que pola súa traxectoria se considere que son merecedores da invitación”.
A edil burelesa explicou que “serán nove os murais que se pintarán e que terán unhas dimensión de 5,90 metros por 2,10 metros. As obras deberán ser completadas nun máximo de catro días de traballo, entre o 3 e o 6 de agosto. A distribución dos murais, que terán como temática o mundo do mar, farase por sorteo”.
O Concello de Burela destina aos premios do VII Certame de Pintura Mural Amarte un total de 4.400 euros. Lina Gómez indicou que “o gañador recibirá 1.200 euros, o segundo premio está dotado con 800 euros e o terceiro con 600 euros. Ademais cada participante non premiado recibirá 300 euros”.
A participación neste concurso supón aceptación plena das súas bases.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



