Viveiro, 24 de xullo de 2023. María Loureiro e Míriam Bermúdez valoran positivamente o acordo asinado que supón o inicio dunha nova etapa cun novo goberno, que traballará para atender coa man tendida á veciñanza e coa máxima transparencia.
O goberno bipartito valorou a necesidade de traballo e proxectos que precisa Viveiro, estudando un acordo que permita mellorar a capacidade de traballo que require un Concello como Viveiro, con multitude de servizos públicos e unha elevada dispersión poboacional.
Aínda que a lei predispoña e permita 7 dedicacións para Viveiro, o bipartito acordou nesta nova etapa de goberno un total de 4 dedicacións exclusivas, mais en realidade é como si estivésemos a falar de tan só 3, pois tanto PSOE como BNG estiveron dacordo en axustar os seus soldos para poder liberar unha persoa máis sen que esta supoña un incremento nos gastos municipais.
Do total das 4 asignacións, 2 serán para áreas que xestionará o PSOE: alcaldía, urbanismo e seguridade cidadá, terá unha asignación de 43.500€ e a de economía e facenda, mar, participación cidadá, educación e centros socioculturais, será de 31.200€. As outras 2 serán para as áreas do BNG, que manterán os mesmos soldos que tiñan nos seus postos de traballo: tenencia de alcaldía, obras, infraestruturas e mantemento no medio rural, parques e xardíns, cemiterio, mobilidade, accesibilidade e medio ambiente será de 41.000€ e a área de emprego, promoción económica, comercio e mercados, con 21.000€.
A Xunta de Goberno complétase con Juan Ramón Martínez Castro, que asume a área de de medio rural, saneamento e abastecemento de auga, sector forestal e mantemento de espazos e zonas verdes, e con Lara Fernández Fernández-Noriega que atenderá as áreas de de benestar social, inclusión e cohesión social, servizos culturais e dinamización cultural, sanidade, infancia, muller e igualdade.
Así mesmo, establécense dúas comisións delegadas para María Soledad Rey Yáñez, continuando na xestión da área de turismo e Eleazar José Rodríguez Abuín, na área de deportes.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



