Dende o PP de Foz inciden na imaxe tan negativa que se está a dar da vila en plena temporada de verán, sumindo o municipio no caos en plenas festas de San Lourenzo, con atascos diarios e numerosos problemas circulatorios debido a sinalización confusa en varias vías
Foz, 8 de agosto de 2023. Lamentablemente nada cambiou nos últimos meses coa entrada do novo equipo de goberno no Concello de Foz. “Novas caras que repiten os erros do pasado”, así de contundente se amosa o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, que critica con severidade “a nula transparencia” do alcalde á hora de informar á veciñanza e aos turistas dos problemas de abastecemento.
Hai días que non hai servizo tras unha análise negativa na auga da rede pública, pero “veciños, turistas, hostaleiros e comerciantes seguen sen poder consumir a auga da traída, un problema serio do que o alcalde se nega a informar”.
Sinala Javier Castiñeira que “agora que Foz conta cun equipo de goberno con máis concelleiros e dedicacións a realidade é que os servizos cada vez teñen máis problemas, mentres que as solucións brillan pola súa ausencia”. Un equipo de goberno formado por once persoas que, se supón, están a traballar por Foz, pero na realidade non se nota. “Canta máis xente hai, menos servizos se ofrecen e peor xestión”, denunciou.
A veciñanza da vila segue sen facerse unha idea da gravidade do problema e de canto tempo se prolongará no tempo para poder ter unha previsión e así saber como actuar nos vindeiros días. Para o voceiro popular “a imaxe que se está a dar de Foz, unha vila turística, é moi negativa, sumindo a Foz, en plenas festas de San Lourenzo, no caos”.
NULA CAPACIDADE DE XESTIÓN
Lamenta Javier Castiñeira que neste caos no que sumiron a Foz, o alcalde fala de “cobrar taxas turísticas mentres esquece o máis importante, dar servizos básicos á veciñanza”.
A realidade é que neste verán en Foz os servizos non están á altura do que deberían ofrecerse. Os pasos de peóns están sen pintar; caos circulatorio derivado de ter vías cortadas e outras mal sinalizadas, o que provoca atascos diarios e que os condutores non saiban como circular por determinadas zonas, sen esquecer a recollida do lixo, “un servizo que está nun déficit absoluto”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



