Viveiro, 12 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro inaugurou está mañá nos Xardíns Noriega Varela a súa Feira do Libro 2023, cunha ampla oferta cultural, actividades para nenos e encontros con diferentes escritores e escritoras.
“É unha satisfacción que Viveiro sexa estes catro días a capital galega das letras e quero agradecer o esforzo da Federación de Librarías de Galicia, así como o traballo diario dos libreiros e libreiras presentes na feira, profesionais dun sector fundamental na nosa sociedade”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, destacou a importancia “desta festa dos libros, que converte a Viveiro no epicentro da cultura galega; os libros e a lectura son a mellor bandeira e un gran motor para calqueira persoa”.
Fernández-Noriega puxo en valor “que teñamos dúas pregoeiras mulleres, Nazaret López e a pregoeira infantil, Emily Sofía Castañeda, reivindicando unha vez máis a cultura en feminino, temos unha conta pendente como sociedade para darlle máis espazo ás mulleres artistas”. Emily forma parte do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA) e do Grupo de Participación de Viveiro.
Os establecementos e entidades participantes nesta Feira do Libro de Viveiro son a Libraría Porta da Vila; Lar Libros-Editorial Canela; Libraría Cartabón; Libraría Aguirre; A Gata Tola; Libraría Pedreira; Librería Lume; Libraría Aenea; Librería Uróboros, e os stands do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e da Deputación de Lugo.
O programa desta Feira do Libro é moi amplo e variado, con presentación de libros e actividades para o público infantil, como espectáculos teatrais e contacontos.
Colaboración da Vicepresidencia da Deputación
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos xardíns Noriega Varela con doce librarías e editoriais -entre eles o do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo-, e un amplo programa de presentacións, concertos, contacontos e actividades de animación á lectura.
A deputada de Cultura Iria Castro participou este mediodía na inauguración do Feira na que sinalou que “este tipo de feira ao aire libre son o formato ideal para sacar os libros á rúa, dinamizar o sector e crear un ambiente fantástico para achegar a literatura a todos os públicos” e convidou a “visitar os postos da feira e pararse tamén no do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo para coñecer as novidades editoriais, centradas fundamentalmente na divulgación do patrimonio, da cultura e da historia”.
Os libros editados polo Servizo de Publicaciòns poden ollarse na caseta institucional e mercarse nos postos das librarías. Ademais, o luns 14 de agosto (18:30 horas) a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro García presentará o seu libro “O Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación (1932-1982) na Feira.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



