Lourenzá, 16 de agosto de 2023. O Concello de Lourenzá vese na obriga de renunciar á brigada de incendios por falta de capataz.
A alcaldesa, Rocío López, explica que “o pasado mes de maio Concello de Lourenzá firmou un convenio coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais durante este ano 2023. A través deste convenio o Concello solicitou axuda para a contratación dunha brigada de 5 operarios e tamén para as tarefas de desbroce mecanizado presentando os correspondentes Plans de Actuacións Preventivas, que foron aprobados co visto e prace do Distrito Forestal. O Concello levou a cabo todos os trámites esixidos para a selección dos membros da brigada de 5 compoñentes: xefe de brigada, peón condutor e 3 peóns forestais, aprobando as bases e presentando as ofertas no SEPE. Unha vez convocados todos os candidatos para os recoñecementos médicos e a proba de esforzo só resultaron aptos provisionais 3 peóns, non pasando dita proba o xefe de brigada. Dende o Concello ampliouse a busca por todo o territorio galego contactando con técnicos doutras provincias, centros de formación e incluso con outros concellos, non habendo ningún capataz dispoñible”.
A rexedor municipal engade que “ante a imposibilidade de constituír a brigada sen xefe no prazo improrrogable do 15 de agosto, tal e como esixe o convenio, o Concello de Lourenzá vese na obriga de renunciar á brigada de prevención e loita contra incendios forestais nesta anualidade 2023, iso si mantendo o desbroce mecanizado”.
Rocío López considera que “é unha pena ter que renunciar a un servizo tan necesario como este xa que dispor dunha brigada é unha ferramenta de moita axuda na prevención e loita contra os incendios forestais e máis en concellos como este, cunha importante masa forestal, e moito máis aínda en veráns secos como o que estamos a vivir. Lourenzá non foi o único concello que se viu na obriga de renunciar á brigada por falta de capataces; todos os anos temos dificultades para atopar, o mesmo que coa contratación dos socorristas. Este é xunto coa contratación dos socorristas algúns dos problemas cos que todos os anos temos que lidiar nos Concellos. Creo que a Xunta debería replantexarse ambos temas de cara a garantir e facilitar o correcto funcionamento nun futuro de dous servizos primordiais e de gran necesidade para os municipios para que situacións coma esta non volvan a pasar”.
A alcaldesa remata comentando que “o desbroce mecanizado si que se vai a levar a cabo en distintas pistas forestais do concello, tal e como recollemos no plan de accións preventivas e agardamos que os traballos se inicien en breve”.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



