A Mariña, 19 de agosto, 2023. Opera Omnia, unha das formacións españolas máis relevantes de música antiga, actuará o 20 de agosto (Iglesia de Santiago de Foz, 21:00) na décima edición do ‘Festival Bal y Gay’, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña. Isaac M. Pulet (dirección), Manon Chauvin (soprano), Calia Álvarez (viola de gamba) e Josías Rodríguez (guitarra, archilaúd) ofrecerán comedias, óperas e zarzuelas do Século de Ouro español con obras de Martín Coll, Hidalgo, Ortíz ou Durón. Será un dos 14 concertos que terán lugar do 10 ao 24 de agosto nun cartel espléndido que combina contrastados artistas e grupos nacionais e internacionais con mozos de gran proxección mundial. Maria João Pires, Konstantin Krimmel, Cuarteto Quiroga, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt, Kebyart, Sara Ferrández, Rocío Pérez, Conrado Moya ou Katarzyna Myćka visitarán A Mariña.
“Queremos agradecer al Festival Bal y Gay que haya contado con nosotros para esta edición. Compartir cartel con artistas como Maria João Pires, Rocío Pérez o el Cuarteto Quiroga nos llena de orgullo. Es una prueba de que estamos haciendo bien las cosas. El festival es una maravillosa propuesta, ya que acerca la música clásica a poblaciones que no tienen tanto acceso a ella y, además, lo hace con músicos de primer nivel. Es un ejemplo a seguir, sin duda. Enhorabuena a todo el equipo. Además, Galicia es una de nuestras zonas preferidas con unos paisajes de película, una gastronomía espectacular y un público de primera. Estamos felices de participar este año”, asegurou Isaac M. Pulet sobre o mencionado concerto.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



