Ribadeo, 30 de agosto de 2023. Ribadeo acollerá do 1 ao 3 de setembro o I Trofeo Triangular Illa Pancha de baloncesto feminino no que se darán cita tres equipos da máxima categoría nacional da Liga Endesa: Perfumerías Avenida, de Salamanca; Araski, de Vitoria; e Ensino, de Lugo. O evento está organizado polo Club de Baloncesto Ría de Ribadeo e polo Concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “debemos marcar nos nosos calendarios os días 1, 2 e 3 de setembro xa que terá lugar na nosa vila o primeiro Trofeo Triangular Illa Pancha no que contaremos con tres equipos de baloncesto da máxima categoría nacional da Liga Endesa Feminina. Estarán por primeira vez en Ribadeo o Perfumerías Avenida de Salamanca, o Araski de Vitoria e o Ensino de Lugo. No Concello estamos orgullosos de acoller un evento deportivo destas características”.
O edil ribadense explicou que “o venres 1 e o sábado 2 os partidos serán ás 20 horas mentres que o domingo 3 terá lugar ás 12.30 horas. Antes tamén xogarán as categorías inferiores de cada club. Xunto co CB Ría de Ribadeo desde o Concello queremos agradecer a oportunidade de celebrar un triangular desta categoría na nosa vila así como a colaboración de Droce”.
Silvent emgadiu: “unha vez máis, desde o Concello de Ribadeo queremos mostrar o noso máximo apoio ao deporte feminino e convidar a todo o mundo a asistir a este evento sen precedentes na nosa vila”.
No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Ibáñez, participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e o presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


