Ribadeo, 7 de setembro de 2023. O coñecido gaiteiro Budiño presentará o seu último traballo Branca Vela o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás nove da noite no barrio de San Roque. O concerto está enmarcado na programación das Festas Patronais de Ribadeo.
Budiño é un dos grandes expoñentes da música galega. Inspírase nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio. A súa constante innovación, mesturando os sons da música tradicional galega máis popular coa electrónica máis vangardista, levou ao músico e compositor a tocar en máis de 25 países.
Budiño estará este sábado en Ribadeo. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir a este concerto “dun dos grandes referentes da música galega Oito discos e diversidade de premios avalan a súa traxectoria. Este é un dos pratos fortes das Festas Patronais de Ribadeo 2023, que ninguén debería perder. Agardámosvos a todos no barrio de San Roque o vindeiro sábado, 9 de setembro, ás nove da noite”.
O concerto de Budiño está patrocinado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



