Foz, 14 de setembro de 2023. O IES de Foz oferta este curso 2023-24 unha aula de capacitación dixital, na que se ofrecerá formación para adquirir coñecementos dixitais básicos sobre temas como solicitude de citas previas, obtención de certificados, comunicación con entidades financieiras, seguridade nas redes, compra online, correo electrónico, videoconferencias, etcétera. Os cursos serán gratuítos e os asistentes recibirán certificación da Xunta. As persoas interesadas poden solicitar información no IES de Foz, a través do teléfono 982.87.02.87.
A directora do centro, Leticia Maseda, explica que para este curso 2023-24 “temos unha novidade no IES de Foz, que é a oferta da aula de capacitación dixital, que ofrece formación para todas aquelas persoas que non estean cursando ningún outro tipo de estudos e queiran formarse en coñecementos dixitais básicos: por exemplo algo tan simple como pedir unha cita previa, no Sergas ou en Facenda, que hai xente que non sabe facelo, ou obter o certificado dixital, buscar información en Google ou en redes sociais; tamén se abordará a seguridade en redes, para saber que páxinas abrir e cales non, ter moito coidado cos virus que andan agora circulando, como comprar online e ademais como usar o correo electrónico, como facer unha videoconferencia,… É dicir, toda esa capacitación dixital que moita xente aínda non ten. Pode vir calquera persoa que non estea cursando ningún outro tipo de estudos, non hai límite de idade e intentaremos facer un grupo, polas tardes; a xente que se anote elixirá o día que lles veña mellor, que poderá ser martes, mércores ou xoves. Os cursos, que son totalmente gratuítos, impartiraos un profesor de informática que temos no centro, Javier. Calquera persoa interesada ten que chamar ao teléfono o IES de Foz, o 982.87.02.87, para anotarse e despois faremos unha reunión para ver que lle día lles vén mellor”.
Esta iniciativa está financiada pola Unión Europea (Programa Next Generation); o Ministerio de Educación y Formación Profesional; o Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia; e a Xunta de Galicia.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



