Ribadeo, 18 de setembro de 2023. Acisa e Concello de Ribadeo mantiveron unha xuntanza no Pazo de Ibáñez na que analizaron, entre outros temas, as vindeiras campañas e actividades nas que están a traballar e que se desenvolverán en Ribadeo ata finais de ano.
No encontro participaron por parte do Concello o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Comercio e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, e por parte de Acisa a presidenta, Carmen Cruzado, a tesoureira, Manoli Torviso, e o xerente, Jesús Pérez.
Un dos asuntos abordados foi a necesidade de ampliar a rede de telefonía móbil no municipio “debido a que no verán coa chegada de milleiros de turistas á nosa vila o servizo queda escaso. Varias asociadas e asociados puxéronse en contacto con nós para facernos chegar as dificultades que isto lles ocasionou en momentos puntuais en xullo e agosto para poder, por exemplo, cobrar con tarxeta”, explican desde a directiva de Acisa. E indican que “o turismo en Ribadeo vai a máis e debemos estar preparados para a vindeira Semana Santa e sobre todo para o verán, co fin de ofrecerlles os mellores servizos ás nosas empresas, á nosa veciñanza e tamén ás persoas que nos visitan”.
Desde Acisa tamén inciden na necesidade “de mellorar a cobertura de telefonía móbil dalgunhas compañías, que está a ocasionar problemas en varias zonas de Ribadeo”.
Na xuntanza tamén se deu traslado ao Concello das queixas dos socios sobre a presenza de excrementos e ouriños das mascotas nas rúas: “consideramos necesario concienciar á veciñanza para mellorar todo isto e ofrecer a mellor imaxe posible de Ribadeo. A limpeza é cousa de todas e de todos nos”.
Acisa e Concello seguirán a colaborar conxuntamente para dinamizar a economía local coas campañas e iniciativas que se desenvolverán ata finais de ano e que culminarán co Nadal.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



