Escribo na mañá deste derradeiro domingo de setembro no que o PP organiza un acto de masas en Madrid preventivo contra unha candidatura á presidencia do Goberno do Estado que non existe ainda e contra unha proposición de lei de amnistía que tampouco naceu á vida política nin mesmo ten sido concordada por unha maioria parlamentaria. Un acto que de seguro vai xuntar milleiros de persoas, mais en calquera caso un número moi inferior aos actos de avenidas ateigadas que organizou o PP de Rajoy contra o novo Estatut de Catalunya (2006) e contra as leis do aborto e do matrimonio homosexual propostas por ZP no tempo dos seus mandatos (2004-2011). E, dende logo, aos millóns de persoas que, votando as candidaturas das esquerdas estatais e dos soberanismos galego, catalán e vasco, rexeitaron nidiamente o 23-X a opción bipartita PP-Vox e a súa enxurrada de propostas reaccionarias.
O chocante desta situación é que o lider do PP estatal que convoca o acto vai presentar este martes 26 a súa candidatura á investidura. Que alugue autobuses para xuntar en Madrid aos seus convencidos no canto de tentar acadar os apoios parlamentarios precisos non fai máis que amosar o seu fracaso. Porque no mes decorrido dende que o Xefe do Estado, a medio dunha moi cuestionábel decisión, propuxo a súa candidatura non acadou un só voto máis dos que tiña. Feijóo só pode agardar unha miragre a xeito de votación transfuguista ou a repetición electoral. Se sae investido Sánchez a súa remoción há ser cousa de semanas ou, como moito, duns poucos meses.
En realidade o exótico acto de hoxe xa amosa esta probábel interinidade, porque a súa convocatoria non lle pertence, serón que lle foi imposta por Aznar e Díaz Ayuso. A liña máis extremista do PP desenvolve xa unha estratexia de impugnación institucional, coa inestimábel colaboración de Felipe González e Alfonso Guerra. Os seus obxectivos por orde cronolóxica son i) presionar un tamayazo transfuguista, ii) evitar coa presión da rúa e dos despachos do deep state que o Xefe do Estado nomee candidato a Sánchez para repetir eleccións o vindeiro xaneiro e, de non se convocar éstas polo apoio parlamentario a Sánchez, iii) considerar ilexítimo a ese Goberno dende o minuto un.
De calquera xeito a propia realidade do acto de hoxe e desa estratexia de impugnación institucional son as mellores probas do fracaso de Feijóo.






















Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.



