O Pazo de San Marcos acolleu esta a primeira cata dos viños elaborados baixo este selo de calidade, impulsado pola Fruga coa colaboración de Medio Rural da Deputación
Lugo, 26 de setembro de 2023. O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a primeira cata dos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia, unha degustación enfocada a profesionais coa que as adegas da conca do Navia estrearon o selo de calidade que lograron en xullo pasado tras a súa inclusión no rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o deputado de Medio Rural Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro participaron no acto, no que se presentaron oito viños de distintas elaboracións coas variedades máis características e representativas da zona como a branca lexítima (branca do país) ou o tinto serodo, entre outras. Trátase de viños de Adega Panchín, de Negueira de Muñiz, pioneira na elaboración de viños na zona (Panchín e Nesta Ourela), Adega Sidrón, tamén de Negueira de Muñiz (DPieiga) e Bodega da Señora, de Navia de Suarna, que ven de incorporarse a IXP (Solarega).
Daniel García parabenizou “á Asociación Galega de Viticultura, a Federación Rural Galega e os adegueiros pola traballo realizado durante os últimos catro anos para lograr o selo de calidade que “pode ser unha gran ferramenta para impulsar a comercialización deste viños, animar a novas produtoras e produtores, e, en definitiva, para recuperar a produción de viño na zona e reverter o abandono de viñedos que se deu nas ultimas decadas”.
O deputado lembrou “a colaboración mantida ao longo dos dous últimos anos coa Asociación Galega de Viticultura, que permitiu desenvolver diferentes accións de formación, asesoramento e divulgación dos viños de Terras de Navia” e mostrou “a vontade seguir traballando conxuntamente nesa dirección, para aproveitar o potencial vitivinícola desta zona que”, apuntou, “será chave para o mantemento do territorio e da poboación nos concellos de Negueira, A Fonsagrada e Navia de Suarna”
O responsábel da Federación Galega en Lugo, Elías Somoza, explicou que “o obxectivo é converter a IXP Terras do Navia nunha referencia na produción e no consumo de viños deste país, na quinta ixp que se pon en marcha en Galiza nos úlitmos tempos, e a primiera na provinicia e Lugo” e remarcou que “se queremos un rural vivo é necesario dar un nivel de vida digno as persoas que se dedican ao sector agrogandeiro”.
A cata, comentada por Martiño Santos e Roberto Regal, contou coa asistencia de profesionais de hostelería lucense.
Foto: Iria Castro, Efrén Castro, Daniel García, Elías Somoza, os produtores Paco San Román, de Adega Sidrón, Jose Álvareza, de Bodega da Señora, Manuel Cancio, de Adega Panchín, e Martiño Santos.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



