Lugo, 27 de setembro, 2023. O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo, en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organiza a Xornada de acollida dirixida a todos/as os/as estudantes da UNED, especialmente a aqueles que se matriculan por primeira vez.
Esta xornada contribúe a familiarizar ao estudante co campus virtual e coa plataforma, así como a coñecer todos os recursos educativos da UNED.
Abrirá a Xornada, a directora, Ana Belén Traseira, dando a benvida aos/ás futuros/as estudantes, seguidamente a coordinadora do COIE, Carmen Gallego, presentará os servizos que o Centro e Lugo pon ao alcance dos/as estudantes, pasando a falar un antigo alumno, Mario Fernández Sindín, o cal falará da súa experiencia académica e profesional relacionada cos estudos na UNED. Por último, o coordinador tecnolóxico, Xavier Fernández Salgado presentará a plataforma virtual do/a estudante e os recursos que a UNED pon á súa disposición.
É totalmente gratuita. Celebrarase o día 28 de setembro no Salón de Actos do Centro Asociado á UNED en Lugo, en horario de 17:00 a 19:00 horas . Tamén se emitirá por streaming en directo e en diferido .
Os/as estudantes interesados/as deben matricularse en: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/32999






















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



