A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na actividade coa que se quere poñer en valor a profesión e inspirar novas propostas para a cadea de valor do produto
Lourenzá, 27 de setembro de 2023. A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no encontro Emprender innovando na faba de Lourenzá, organizado desde o Polo de emprendemento da Mariña sito en Mondoñedo.
“Optimizar os recursos dispoñibles nas contornas e incrementar a competitividade e profesionalización de actividades tradicionais son dous dos propósitos cos que están a traballar os polos”, especificou Margarita Ardao.
A directora xeral destacou o potencial que para A Mariña Oriental ten a faba de Lourenzá, unha das principais producións agrícolas da zona, que conta co recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida. Ardao destacou que os pequenos produtores, principalmente explotacións familiares sen estrutura empresarial, poden aproveitar os servizos especializados que brinda o Polo da Mariña para abordar aproveitamentos adicionais e atopar puntos para mellorar a competitividade.
A xornada de hoxe permitiu abordar a profesionalización do sector e dar a coñecer modelos de éxito para inspirar novas propostas para a cadea de valor deste produto.
Ardao indicou que a actividade hoxe celebrada é unha mostra real do traballo que a Xunta de Galicia está a desenvolver nos polos, onde se presta asesoramento experto a persoas cunha idea de negocio, autónomos, desempregados e mesmo traballadores que desexen emprender ou mellorar os seus negocios dentro da economía social.
O polo da Mariña botou a andar o pasado abril e presta servizo a 15 concellos que suman unha poboación activa de 42.500 persoas. Ata o momento, acompañou 29 persoas emprendedoras coas que desenvolveu medio cento de sesións de traballo. Os proxectos máis habituais teñen relación coa hostalería, actividades sanitarias, o comercio, actividades recreativas, de entretemento e artísticas.
A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego segue a crecer nesta provincia co estreo esta mesma semana de Lugo Comarca, en Friol, e a próxima apertura do servizo en Sarria. Ata o momento un total de 124 persoas recibiron apoio dos polos en Lugo, téndose realizado máis de 300 sesións para axudalas a superar os seus retos.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



