O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participaron este luns na concentración silenciosa que se celebrou na mañá deste luns na capital lucense promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en apoio e solidariedade coas vítimas e familiares do incendio ocorrido nunha discoteca de Murcia, no que faleceron 13 persoas. Xunto aos deputados provinciais, participaron neste acto a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades.
A Deputación súmase á concentración silenciosa polas vítimas do incendio de Murcia
A Deputación súmase á concentración silenciosa polas vítimas do incendio de Murcia
Relacionado
-
Diego Villares, xogador vilalbés do Dépor, foi recibido e parabenizado no seu concello
-
Pedro Rolle e Carlos Cornide presentaron este martes o seu libro ‘Flores de Primavera do Valadouro’ na UNED de Lugo
-
Ana Miranda en Pol: “O BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña os mesmos dereitos que un gandeiro francés”