A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Barreiros na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, onde destacou a importancia da colaboración entre todas as institucións para seguir loitando contra a violencia de xénero e erradicar os comportamentos machistas na sociedade. Vázquez indicou que as vítimas non están soas: “Puxemos, poñemos e poñeremos todos os recursos necesarios para garantirlles un futuro en liberdade, tanto no eido persoal como no familiar, no social e no laboral”, afirmou.
A Xunta avoga en Barreiros pola suma de esforzos para combater a violencia de xénero

A Xunta avoga en Barreiros pola suma de esforzos para combater a violencia de xénero
Relacionado
-
A charanga Bicoia, chegada de terras ourensáns, encheu de ritmo as rúas da vila nun novo Domingueo en Ribadeo, organizado por Acisa dentro do programa ‘O noso comercio é vida, vive Ribadeo’, que se desenvolve ata o 31 de agosto
-
O xurado do LI Certame Literario do Concello de Vilalba vén de facer público o seu ditame, proclamando como gañadora a obra Nakba, presentada baixo o lema “Coma quen lambe a ferida” e cuxa autora é Patricia Torrado Queiruga
-
Éxito de participación na VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrou esta fin de semana con arredor de 600 atletas participantes nas diferentes categorías desta proba, que concluíu a carón do Pazo de Ibáñez, onde tivo lugar a entrega de trofeos aos gañadores