Nota de Prensa
O BNG e as centrais sindicais reuníronse hoxe compartindo o chamamento a secundar masivamente a folga xeral do día 29 para defender os dereitos laborais e esixir un cambio de rumbo nas políticas antisociais dos gobernos estatal e galego
Ás medidas antisociais de Zapatero súmanse os recortes en política social de Feijoo que recorta financiamento dos servizos sociais, sanitarios e educativos públicos asestando un duro golpe á maioría social do país.
A Mariña, 21 de setembro de 2010. Representantes da Executiva Comarcal do BNG reuníronse na mañá de hoxe coas centrais sindicais maioritarias na comarca da Mariña. Os nacionalistas que desenvolven nestes días unha rolda de contactos con diferentes sectores na comarca analizaron coas centrais sindicais os efectos das políticas antisociais dos gobernos estatal e galego na Mariña. Tanto as centrais sindicais como o BNG compartiron o chamamento a secundar masivamente a folga xeral do día 29 para esixir un cambio de rumbo na política de ambos gobernos que coinciden en apuntalar un modelo económico que nos levou á actual situación e fai pagar ás maiorías sociais a factura dunha crise que non provocaron.
Sobran razóns para secundar unha folga xeral que fai pagar os efectos da crise provocada polo capital financeiro e especulativo nas clases traballadoras e menos favorecidas.
O Portavoz Comarcal nacionalista, Antonio Veiga, trasladou ás centrais sindicais o apoio do BNG á folga xeral “xa que sobran razóns dende fai tempo para a súa convocatoria” . Para o portavoz nacionalista, ás políticas antisociais de Zapatero hai que sumar o desgoberno do PP en Galiza, “incapaz de afrontar a crise a pesar das súas promesas electorais e afortalando un modelo neoliberal que baixo a falsa escusa da austeridade, vai desmantelando servizos públicos sanitarios, sociais e educativos básicos para a súa posterior privatización”. Veiga destacou que dende a chegada de Feijoo ao goberno galego, “o desemprego incrementouse en Galiza en mais de 39.000 persoas, superando as 200.000, e no que vai de ano Galiza e a terceira comunidade do Estado onde mais medrou o desemprego”. Veiga chamou especialmente a atención na xente moza, “cuxas taxas de desemprego en menores de 25 anos supera o 36% mentres un ano antes afectaba ao 28%, incrementándose nos que teñen estudos superiores ao 48%”.
Veiga engadiu que o apoio do goberno do Estado á nefasta política económica das entidades financeiras, principais culpábeis da crise, cun aporte de fondos públicos de case 149 millóns de euros e o recorte producido no Plano de Axuste Orzamentario que afectará a mais de seis millóns de pensionistas ou o recorte nos salarios dos funcionarios haberá que engadir o anunciado “pensionazo” con novos recortes e o incremento na idade de xubilación até o 67 anos.
O nacionalismo galego dispón de alternativas para afrontar a crise
Por último Veiga destacou que dende o nacionalismo galego existen alternativas para afrontar a crise, “avogando por unha saída que poña a economía ao servizo das maiorías sociais asegurando unha redistribución dos recursos que corrixa as desigualdades”, o portavoz nacionalista contrapuxo “a subvención á creación de emprego no canto da subvención ao despedimento” e lembrou que “a superación da crise non se vai producir por un simple cambio de cromos entre PSOE e PP que practican o mesmo modelo económico, senón nunha maior conciencia social que alente cambios cara a unha sociedade mais igualitaria”. Antonio Veiga lembrou que “a mobilización social e útil e necesaria e xa noutras ocasións obrigou aos goberno a dar marcha atrás polo que canto mais masiva sexa, mais efectos positivos terá para a clase traballadora”
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



