Viveiro, 13 de outubro, 2023. A carencia de estradas de primeiro nivel e adaptadas os tempos de hoxe, tempos que demandan vías de comunicación que posibiliten facer desprazamentos rápidos e que minimicen riscos de seguridade para as persoas, e un dos factores que lastra e limita o desenvolvemento económico do concello de Viveiro, sendo prioritaria a realización das obras de mellora prometidas na estrada LU-540, estrada que capta mais trafico de entrada e saída do noso concello.
A Xunta de Galicia anunciaba no mes de maio de 2019, en plena campaña electoral para as eleccións municipais, o proxecto de mellora da estrada LU-540, estrada que comunica Viveiro coa autovía AG-64 en Cabreiros. As melloras previstas serían entre os kilometros 5 e 39,5 e consistirían na modificación do trazado nalgunha das curvas e na creación de 8 carrís de adiantamento. A previsión inicial era a de licitar o proxecto no ano 2019 e un ano despois proceder a licitar e adxudicar as obras, presupostadas en 2,6 millóns de euros.
Tres anos despois, en maio de 2022, a Xunta de Galicia presenta un novo proxecto de reforma da estrada LU-540, as principais melloras, presupostadas en 13,4 millóns de euros, son os sete novos carrís de adiantamento (cinco en dirección a Cabreiros e dous en dirección a Viveiro), que suman un total de 4,6 kilometros, rectificación de curvas, melloras de seguridade nos cruces e reforzamento do firme nos 35 kilometros do proxecto (dende o kilometro 5 ata o 39,5). De novo falábase de rapidez nos tramites iniciais para acometer a realización das obras no 2023.
“En Por Viveiro entendemos que a comunicación por estrada entre Viveiro, concello de mais poboación da Mariña e terceiro da provincia, e a autovía AG-64 en Cabreiros, debería ser transitando por unha autovía, ou cando menos por unha vía de alta capacidade con posibilidade futura de desdobramento, porén, ata que eses tempos
sexan chegados, solicitamos a realización por parte da Xunta de Galicia das obras previstas no proxecto de mellora da LU-540 presentado en maio de 2022”.
Van pasando os anos e os veciños e as veciñas de Viveiro, ven como as melloras prometidas seguen na fase de proxectos. Estamos de novo en tempos de orzamentos da administración autonómica, será o ano 2024 cando as obras de mellora da estrada LU-540 sexan unha realidade ou Viveiro será esquecido unha vez mais?
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Instar á Xunta de Galicia a incluír nos orzamentos do ano 2024 una partida que permita licitar e acometer a realización das obras de mellora da estrada LU-540 no devandito ano 2024.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



