Lugo, 20 de outubro de 2023. A través dunha proposta de goberno a presentar no vindeiro pleno provincial, o BNG reclamará a Xunta de Galicia que desenvolva un plan integral de loita contra a velutina.
O portavoz do grupo provincial e deputado de Medio Rural Daniel García explicou que “nos últimos días, a raíz do contacto co sector na pasada Feira do Mel do Valadouro, apicultores e apicultoras das distintas comarcas trasladáronnos as dificultades que está a causar a velutina, que tivo incluso máis incidencia este ano polas condicións meteorolóxicas”.
“A preocupación exténdese a outras actividades agrarias como a horticultura e a viticultura, como denunciaron o pasado 11 de outubro na manifestación convocada polo Sindicato Labrego Galego, e entendemos que desde a Deputación de Lugo debemos utilizar tamén as canles institucionais para esixir a Xunta un plan de control da velutina e medidas de axuda para os sectores afectados”, explicou o portavoz nacionalista, que lembrou “a importancia que a apicultura ten na provincia, como actividade económica que xera rendas importantes para as persoas que viven no rural , moi especialmente en zonas do interior da Mariña ou nas comarcas da Montaña, e tamén como actividade ligada a conservación do medio natural e das paisaxes”.
A proposta reclama á Xunta un plan integral de loita contra a velutina, que contemple a situación por comarcas e que incorpore achegas da universidade e das organización agrarias. Demanda tamén un incremento do persoal de SEAGA para responder con máis dilixencia ás denuncias e avisos de niños de velutina e unha liña de axudas específicas para compensar a apicultoras e apicultores e a outros produtores do sector primario polas perdas económicas ocasionadas pola actividade da velutina que, segundo datos do sector do mel , pode chegar aos 10 ou 12 mil euros por apicultor.
Neste mesmo sentido, de paliar os danos, reclámase que as perdas ocasionadas polos ataques das velutinas non se teñan en conta á hora de avaliar o cumprimento dos obxectivos para recibir as axudas de incorporación á actividade agraria.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



