Haberá ximnasia, estimulación cognitiva ou traballos manuais. Tamén está previsto facer teatro ou cursos de cestería e envasad
Ribadeo, 28 de outubro de 2023. O vindeiro luns, 30 de outubro, arrinca unha nova edición de Preto de ti, un conxunto de actividades organizadas para dinamizar as parroquias ribadenses. O programación foi presentada polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.
O rexedor explicou que “bota a andar Preto de Ti, un conxunto de actividades que queremos acercar a todas as parroquias, a todos os lugares”.
Vega dixo: “eu en primeiro lugar quero felicitar aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social por todo o traballo que están a realizar; isto é grazas a eles. Tamén ás traballadoras que van levar a cabo todo o traballo en Preto de ti. E ademais á concelleira Elena Sierra, que grazas ao seu empeño e á súa dedicación Preto de ti é unha realidade”.
O alcalde indicou que “este conxunto de actividades que vamos realizar por todas as parroquias inclúen dende traballos manuais, de estimulación cognitiva -o que coñecemos todos por memoria-, a tecnoloxía do móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa,… Con este conxunto de iniciativas imos iniciar Preto de ti o luns 30”.
E seguiu a relatar: “isto é a primeira parte, pero Preto de ti é moito máis: tamén queremos facer teatro, cursos de pintura, de envasado, de costura,… En definitiva o que queremos é que haxa moita actividade durante todo o ano en Ribadeo e no conxunto das parroquias. Polo tanto Elena Sierra concretará máis o que é Preto de ti e en lugares vai haber esta actividade tan importante para o goberno municipal, tan importante para Ribadeo e, dende logo, vamos seguir traballando conxuntamente para que Preto de ti continúe avanzando”.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, contou que “el 30 de octubre empieza una nueva andadura con el programa Preto de ti, que tiene el objetivo de dinamizar el día a día de nuestros vecinos en todos los puntos de nuestro ayuntamiento”.
A edil ribadense sinalou que “se llevarán a cabo diversas actividades como gimnasia, manualidades, estimulación cognitiva y también de manera puntual queremos realizar cursos de cestería, pintura y labores. Como no podía ser de otra forma no faltará tampoco el teatro.
En engadiu que “Preto de ti llegará entre otras parroquias a Vilela, Anzas, Vilaframil, Remourelle, Couxela, Vilaselán, Ove, Santalla, Cinxe y Ribadeo”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



