A Academia Xacobea organiza, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadeo, a décimo oitava edición deste evento recuperado o pasado ano tras máis dunha década de parón.
Ribadeo, 31 de outubre de 2023. A Academia Xacobea ultima os preparativos para a celebración da vindeira edición das Xornadas Mar por Medio, que terán lugar do 1 ao 3 de decembro en Ribadeo reunindo a un destacado grupo de expertos de diferentes ámbitos para debater sobre o tema do Camiño: Cultura e tradición. Ese é o título e o fío condutor do programa elaborado pola Academia coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadeo. Durante tres días celebraranse conferencias, mesas redondas e outras propostas divulgativas sobre aspectos tan diversos como o patrimonio, a música, a artesanía ou a gastronomía en relación cos Camiños de Santiago e o fenómeno xacobeo. O contido detallado do programa darase a coñecer nos próximos días.
Xa está aberto o prazo para que os interesados en participar poidan formalizar a súa inscrición. Para tal fin habilitouse un formulario na web da Academia Xacobea que xa está accesible ao público. http://academiaxacobea.gal/inscripcion-mar-por-medio/
A orixe das Xornadas do Mar por Medio remóntase a principios dos anos 90 do pasado século por iniciativa do profesor emérito do Queen’s College da Universidade de Oxford e fundador do Centro de Estudos Galegos desa prestixiosa institución, John Rutherford. Despois dun longo parón de máis dunha década, foron recuperados en 2022 pola Academia Xacobea coa colaboración do propio Rutherford. A pasada edición, que se celebrou coincidindo coa recta final do excepcional Ano Santo bianual 2021-22, titulouse O Camiño do Século XXI.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


