Os deputados populares non entenden que no BNG “votasen en contra desta iniciativa” a pesar de que o Grupo Popular aceptou a emenda de engádega que presentaron os nacionalistas e pide coherencia a deputados socialistas que votan distinto en función da administración na que levanten a man
Lugo, 31 de outubro de 2023. Os deputados do Grupo Provincial Popular amosaron a súa sorpresa por ver como os representantes do BNG votaron en contra da iniciativa dos populares para reclamar máis investimentos en infraestruturas na provincia a pesar de que se aceptou a emenda de engádega presentada polos nacionalistas.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que quedou claro que “os deputados do BNG non teñen autonomía propia e están sometidos ao presidente da Deputación, tal e como se demostrou ao votar en contra da súa propia emenda”.
Ameijide ve “curioso” que no Concello de Lugo tanto PSOE como BNG votasen a favor desta iniciativa pero no Pazo de San Marcos votasen en contra “a pesar de que hai deputados, como o socialista Miguel Fernández, que no Concello apoio a reclamación pero na Deputación votou en contra”.
A iniciativa dos populares pretendía que o Goberno do Estado realizase máis investimentos nas infraestruturas clave para a provincia, como as autovías A54 (a Santiago) ou A56 (a Ourense) ou para reclamar que se inclúa a Lugo de novo nos plans de Alta Velocidade xa que Pedro Sánchez condenou á provincia a quedar sen este tipo de comunicación ao negarse a executar as variantes de Rubián, Peares e Canabal.
JOSÉ TOMÉ E A SÚA ACTITUDE DITATORIAL
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, condenou durante o pleno da Deputación de Lugo a “hipocrisía” de Tomé e o seu goberno por “falar de criterios obxectivos” cando “se autoerixen como municipalistas, pero entendemos que falan de municipalismo de amiguetes, que é o único que coñecen” tendo en conta que reparten todo o diñeiro en convenios con Concellos gobernados polo PSOE e o BNG, “reservando 0 euros para calquera cidadán da provincia que viva nun Concello gobernado polo PP”.
Ameijide amosouse moi crítico coas formas de Tomé que, por enésima vez “falta ao respeto aos deputados da oposición sen darlles oportunidade de defenderse ao negarse a atender o artigo 116 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo”. De feito, “Tomé entende a Deputación como unha ditadura e hoxe volveu a dar unha mostra delo”, afirmou.
O voceiro popular fixo esta reflexión sobre esta situación que se produciu tralo debate dunha moción do Grupo do PSOE para pedirlle á Xunta incrementando os fondos directos aos Concellos a través dun Plan Único cando “o Goberno galego dirixe directamente aos Concellos da provincia 76,5 M€ a través de distintos fondos e axudas e incrementou o Fondo de Cooperación Local nun 17%, non só no 15% que subiu o IPC como reclaman os socialistas”.
O popular defendeu o “reparto xusto e equitativo” da Xunta de Galicia fronte ao “sectarismo e as ditaduras do pazo da Deputación de Lugo”. Así citou durante o debate os 58 convenios con 30 Concellos gobernados por PSOE, BNG e independentes entre xaneiro e maio deste ano por parte do goberno provincial e destacou os apoios da Xunta a Concellos gobernados por distintas cores políticas.
Ameijide tamén considerou “falta de elegancia” que Tomé pida unha reunión co presidente da Xunta tendo en conta que “leva cinco anos sen recibir a moitos alcaldes do PP, nega reunións aos deputados e incluso lles veta a entrada a edificios públicos provinciais. Tomé non é capaz de dar exemplo e pide unha reunión ao responsable do Goberno autonómico sabendo que Rueda se ten reunido en innumerables ocasións con alcaldes do PSOE, presidentes das Deputacións e está a escoitar ás persoas”, engade.
Igualmente, subliñou que “Tomé e o seu goberno non cumpren coas súas competencias como as de manter estradas e instalacións provinciais ou cooperar cos Concellos” e tampouco deu resposta á petición de reunión do grupo maioritario da corporación para tratar os presupostos do ano 2024”. Ameijide tamén lembrou que “nada sabemos da proposta do Grupo Popular de incrementar o Plan Único da Deputación en 6,5M€, a mesma cantidade que o goberno provincial dirixiu en 5 meses a Concellos de amiguetes a través de convenios aprobados a porta pechada”.
Á vista de que “o goberno provincial reparte o diñeiro da Deputación só entre os seus amiguetes”, o voceiro popular lembrou que “a Deputación non é un chiringuito para pagar as carreiras políticas como a de Besteiro, Lara Méndez ou Tomé”.
LEI DE BENESTAR ANIMAL
Antonio Ameijide tamén se amosou crítico coa postura do goberno provincial que se negou a asumir as competencias propias e axudar aos concellos da provincia coas competencias que lles outorga a Lei de Benestar Animal que, recentemente, entrou en vigor.
Os populares lamentan o voto en contra de PSOE e BNG a pesar de que teñen a obriga de colaborar con todos os municipios da provincia, por dous motivos: porque a propia Lei de Benestar Animal así o establece e polo artigo 36 da LRBRL que establece a obriga da Deputación para dar asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



