A Mariña, 4 de novembro de 2023. Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado 11 de novembro a conferencia “A matanza do porco.Cultura e tradición” que impartirá o Doutor en Antropoloxía Social Xoán Carlos García Porral. O conferenciante ten publicada unha tese na que analiza o proceso de modernización capitalista ao que se veu sometido o sector agropecuario dende a década de 1960, e como na actualidade as comunidades rurais tentan manter a súa identidade social e cultural a través dos antigos espazos agropecuarios.
A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Valadouro e a área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro a partir das 12.00 e a ela poderán asistir, de maneira libre e gratuíta, todas as persoas que o desexen.
Mariña Patrimonio anima continuar co coloquio posterior á charla compartindo o cocido que se servirá no restaurante Asturias (Ferreira do Valadouro) a partir das 14.00. As persoas interesadas poderán por 25€ participar neste xantar comunicándoo a través do correo da asociación: mr.patrimonio@gmail.com. A data límite para se anotar ao cocido remata o xoves 9 de novembro.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



