Viveiro, 11 de novembro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pídelle á conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, “que deixe as mentiras e as escusas sobre a VAC”, lamentando que “a Xunta leve 14 anos así, sen ningunha intención de facer a vía de alta capacidade”.
“É a conselleira de todos os galegos e galegas, non a conselleira do PP, os nosos veciños e veciñas non merecen ese trato”, sostén Loureiro.
A alcaldesa engade que “a conselleira sabe que no novo PXOM incluímos o trazado que eles impuxeron” e apunta que “o actual goberno local de Viveiro presentou no pleno unha proposta para instar á Xunta a impulsar o proxecto, mostramos toda a nosa disponibilidade, pero fai falta vontade por parte da consellería”.
No ano 2006, o Consello da Xunta de Galicia (cun goberno bipartito PSOE-BNG) aprobou o trazado da Vía de Alta Capacidade ao seu paso por Viveiro. “Este trazado fora consensuado coa veciñanza, aprobado no Pleno do Concello de Viveiro, aprobado no pleno da Deputación de Lugo e contaba con todos os informes e co estudo de impacto ambiental”, lembra Loureiro.
Houbo un cambio de goberno na Xunta de Galicia e xusto despois da formación do novo goberno autonómico, de xeito inesperado e sen ningún tipo de comunicación previa, o 5 de agosto de 2010 chegou ao concello, para a súa exposición pública, un novo proxecto que recollía un novo trazado, contrario ao consensuado e no que se contemplaba a existencia dun enlace con Viveiro en Magazos.
Nas numerosas accións contra este novo trazado, o goberno local sempre deixou claras cales eran as razóns polas que se opoñía a ese novo proxecto imposto e sen consenso. Ademais, dende o concello solicitáronse diversas reunións cos responsables da área de infraestruturas para tratar esta cuestión.
Pasados os anos, en 2018, a Xunta de Galicia informou da existencia dunha nova proposta consistente na construción dunha ponte sobre a ría. Sobre este novo proxecto, o Concello de Viveiro non chegou a recibir en ningún momento a documentación necesaria para coñecer, de forma concreta, as características desta alternativa.
Loureiro considera que a existencia dunha vía de alta capacidade vertebradora que conecte Viveiro co resto de Galicia e do estado español “é fundamental para garantir o futuro deste municipio, é unha infraestrutura que consideramos esencial e urxente”.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



