Lugo, a 13 de novembro de 2023. A asemblea de traballadoras da limpeza celebrada esta mañá no edificio sindical de Lugo rexeitou por unanimidade a proposta trasladada pola patronal ASPEL na mesa de negociación do pasado venres. As traballadoras, que levan preto dun mes en folga por un convenio digno, consideran a oferta totalmente insuficiente xa que suporía seguir deixando o convenio por debaixo do SMI, polo que a folga continuará adiante até lograr un acordo xusto.
Na asemblea, apunta Asunción Castiñeira, da CIG-Servizos de Lugo-A Mariña, tamén se acordou que a parte social se manteña na proposta trasladada á patronal o 27 de xuño “porque non ten marxe de movemento”. Neste contexto, non se agarda ningún avance na reunión da comisión negociadora fixada para o 20 de novembro dado o inmobilismo da patronal e as súas pretensións de consolidar a pobreza salarial e a precariedade no sector.
Hai que subliñar que ASPEL (a patronal estatal que ten secuestrada a negociación do convenio provincial), despois de estar máis de tres meses desaparecida e de 26 días de folga indefinida, apareceu na xuntanza do venres cunha oferta de miseria que apenas varía o que xa estaba enriba da mesa pero coa pretensión de ampliar un ano máis a vixencia do convenio, até 2026.
Deste xeito, a patronal teima na conxelación salarial para o ano 2022 (cando o IPC real foi do 5,7%), incrementos do 4% para 2023, 2024 e 2025 e do 3% para 2026, sen ningunha cláusula de revisión. O único que mudan son as primas non consolidábeis de 272 e 200 euros xa ofertadas, que agora serían consolidábeis, pero nos últimos anos de vixencia do convenio. Ademais a patronal pretende estabelecer un prezo fixo do trienio cando a antigüidade actual é unha porcentaxe por enriba do salario base.
“Con esta proposta, denuncia Castiñeira, a patronal continúa a deixar as táboas por baixo SMI, co cal seguen absorbendo a antigüidade, e a maiores,estabelecer un prezo fixo por trienio implicaría que cada traballadora teña unha perda de 184 euros por cada trienio até 2026”.
As traballadoras -que só nos dous últimos anos perderon máis dun 12% da súa capacidade adquisitiva- consideran ridícula esta proposta e despois de case un mes de loita non están dispostas a renderse por unha esmola. Por iso, xa advertiron que continuarán adiante coa folga e as mobilizacións diarias até lograr un convenio en condicións dignas e iso pasa por conseguir, cando menos, uns incrementos salariais do 5,7% para 2022, do 5,5% para 2023, do 4% para 2024 e do 3% para 2025, e introducir unha cláusula de revisión ao corte (é dicir que opere no mes no que o IPC supere a suba pactada).
A CIG salienta que estas subas son totalmente asumíbeis por parte de empresas como Eulen, Clece, FFC, Acciona ou Ingesan que acumulan millonarios beneficios e que nos últimos anos se fixeron coas adxudicacións máis importantes dos contratos públicos ante o desleixo das administracións, que miran para outro lado diante dos abusos desta patronal avarenta.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



